Abrir o menú principal

—¡Escoita! os algoasiles

Andan correndo á aldea,

Mais, ¿como pagar, como, s'un non pode,

lnda pagá-I-a renda?


Embargarannos todo, que non teñen

Esas entes concencia, nin tên alma,

¡Quedaremos por portas!

¡Meus fillos d'as entrañas!


¡Mala morte vos mate

Antes de que aqui entredes!...

D'os probes, ô sentirvos,

Os corazos, cal baten tristemente!


Maria, se non fora

Porque hay un Dios que premia e que castiga,

Eu matara eses homes

Como mata un raposo á un-ha galiña.


¡Silencio! ¡Non brasfemes,

Qu'este é un valle de lágrimas!...

¿Mais porque á algúns lles toca sufrir tanto

Y outros á vida antre contentos pasan?