Abrir o menú principal
Cantar do berce, Vijoi, 7-X-1922.jpg


Ensaios e poesías       Xoán Vicente Viqueira       1922
 



CANTAR DO BERCE



Baixo do branco luar
logo adormecen as flores;
antr'as folliñas repousan
os paxaros voadores.
Durme, amor dos meus amores.


Nas ponlas dos abeneiros,
toleirón, devagariño,
vai dicindo unha cantiga,
pra te arrolar, o ventiño.
Durme, durme, meu meniño.


                                        Vijoi, 7-X-1922.