A conquista do pan: As nosas riquezas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Modifico: fr:La Conquête du pain/Nos richesses
1 parágrafo máis...
Liña 5:
}}
<div class=prose>
 
<center>I</center>
 
A humanidade percorreu bastante camiño desde aqueles afastados anos nos que o home, construíndo en sílex ferramentas rudimentarias, vivía do azar da caza, e non deixaba aos
seus fillos máis herdanza que un refuxio baixo as rochas, pobres instrumentos de pedra e a propia Natureza –inmensa, incomprendida, terrible– contra a que tiñan que loitar para continuar coas súas miserables existencias.
Liña 24 ⟶ 27:
 
O clima xa non é un obstáculo. Cando falta o sol, o home substitúeo con calor artificial, na espera de que se faga tamén a luz para activar a vexetación. Utilizando o vidro e condutos de auga quente pode colleitar nun espazo dado dez veces máis produtos que os que no pasado conseguía. Son máis asombrosos os prodixios realizados na industria. Con eses seres intelixentes, as máquinas modernas –froito de tres ou catro xeracións de inventores, no seu maior parte descoñecidos– cen homes fabrican con que vestir a dez mil homes durante dous anos. Nas minas de carbón ben organizadas, cen homes extraen cada ano suficiente combustible para que se quenten dez mil familias nun clima rigoroso. E ultimamente puido verse toda unha cidade marabillosa xurdir nuns meses no Campo de Marte sen que se producise a menor interrupción nos traballos regulares da nación francesa. E aínda que é certo que na industria, na agricultura e no conxunto da nosa organización social, o labor dos nosos antepasados só beneficia a un moi pequeno número de persoas, non é menos certo que a humanidade enteira podería gozar unha existencia de riqueza e de luxo coa axuda dos serventes de ferro e de aceiro que posúe. Somos ricos, moitísimo máis ricos do que cremos. Sómolo polo que xa posuímos; e aínda máis polo que podemos conseguir cos instrumentos actuais; somos infinitamente máis ricos polo que potencialmente podemos obter do noso chan, e polo que a nosa ciencia e as nosas técnicas poderíannos dar, se estivesen aplicadas a procurar o benestar de todos.</div>
 
<center>II</center>
 
Somos ricos nas sociedades civilizadas. Por que entón esta miseria arredor do nós? Por que este travallo penoso, embrutecedor das masas? Por que esta inseguridade do mañá, ata para o traballador mellor pegado, no medio das riquezas herdadas do pasado e a pesares dos potentes medios de produción que darían o benestar a todos, como retorno dalgunhas hora de traballo diario?
[[Categoría:A conquista do pan]]