Axuda:Resumo de edición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m apartado 'Recomendacións para a redacción do resumo' (unha parte corresponde a un texto baseado en en:Template:Ph:Edit summary) e ampliar 'Resumos automáticos'
m sección 'Cambiar o resumo de edición': como facelo, edicións sen contido ('dummy edits' en inglés) e algúns casos nos que é preciso corrixir o resumo
Liña 21:
;Uso do resumo en edicións controvertidas ou en dispusta
O uso correcto do resumo é crítico nos casos de disputas sobre o contido. Os resumos de edición deben recoller dun xeito preciso e conciso a natureza da edición, en particular se é controvertida. Se a edición implica desfacer cambios previos debe marcarse preferiblemente como reversión ("rv") diante do texto do resumo de edición. Nos resumos evite entrar en debates, negociacións sobre o contido ou expresar opinións sobre os outros usuarios implicados. Se é preciso faga uso da páxina de conversa para explicar con máis detalle a natureza das edicións.
 
==Cambiar o resumo de edición==
Ás veces debido a erros no texto (ou pola necesidade de transmitir certa información sobre a páxina) cómpre mudar o resumo de edición. Modificar o resumo para eliminar un resumo existente é un proceso tecnicamente complexo que implica diversos pasos que non poden realizar todos os usuarios do wiki. A solución sinxela é realizar unha edición sen contido. Unha edición pequena que non ten efecto ou que o efecto na páxina é imperceptible grazas a cal pódese escribir un novo texto no resumo de edición para corrixir, matizar ou aclarar o texto dun resumo anterior.
 
A edición pode consistir en modificar o número de liñas do texto do páxina, engadir ou eliminar unha liña de separación no texto, na separación das categorías ou do interwiki, engadir ou eliminar un espazo en branco. Dese xeito pódese escribir un novo resumo cun novo contido.
 
Algunhas situacións nas que poden realizarse edicións sen contido:
*para corrixir problemas na interpretación do resumo porque quedou truncado debido a limitación dos 200 caracteres
*cando se verifica a orixe dun artigo traducido doutra Wikipedia para cumprir os requerimentos da licenza
*para corrixir erros ortográficos
*para corrixir erros ou imprecisións na redacción do resumo
*para corrixir problemas nos resumos debidos a edicións rápidas froito de copiar e pegar
 
==Resumos automáticos==