Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 26:
 
Se, pola contra, non deches un enderezo correo ou non podes acceder a el, terás que crear unha nova conta. Unha vez feito isto, cómpre facer unha solicitude no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios|Taboleiro dos administradores]], achegando datos suficientes para deixares claro que ti es ambas as dúas persoas, para así mover as túas antigas páxinas de usuario e conversa ao teu novo nome. Entón, crearase oficialmente unha ligazón entre a túa nova identidade e conseguirase que ninguén poida dubidar de que a túa nova conta sexa un monicreque.
 
==Saír ao anonimato==
Podes saír do sistema cando queiras premendo na ligazón "'''[[Especial:Saír ao anonimato|saír ao anonimato]]'''" na esquina superior á dereita. Despois de facelo, empregarás un enderezo IP para navegar a Wikipedia. Co obxectivo de evitar que o navegador recorde o teu nome de usuario para suxerirllo ao seguinte usuario do ordenador, lembra borrar as ''cookies'' da Wikipedia que este almacenou nas configuracións privadas. Por outra banda, especialmente se estás a usar un ordenador público, quizais queiras borrar todo o historial recente do navegador.
 
===Edicións fóra do sistema===
Ocasionalmente, e por despiste, un usuario pode editar sen ter accedido ao sistema previamente. Aínda que non se trata dun gran problema, pode haber algún tipo de preocupación polo recoñecemento, autoría ou privacidade.
 
* Por desgraza, se fixeches unha edición sen antes acceder ao sistema, non podes voltar e relacionar directamente a edición coa túa conta. Se queres que a túa conta vexa recoñecida a autoría da edición e non che importa o anonimato, realiza unha edición baleira<ref>Unha ''edición baleira'' é aquela que non achega nada á páxina, como engadir ou retirar un espazo entre os signos de igual e os títulos das cabeceiras nas seccións ou facer un pequeno troco de puntuación ou redacción.</ref> e engade unha nota sobre a edición anterior no [[Axuda:Resumo de edición|resumo de edición]].
 
* Se deixaches un comentario nunha páxina de conversa sen dar o paso da autenticación, a túa sinatura incluirá o teu enderezo IP. Podes acceder ao sistema e editar o comentario substituíndo a sinatura.
 
==Notas==
Liña 35 ⟶ 45:
Unha vez que esteas rexistrado podes acceder á túa páxina de usuario (''Usuario:Nome_usuario'') facendo clic no teu nome na parte superior da páxina. Podes [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editala]] da mesma forma que o resto das páxinas da Wikipedia.
 
Algunhas persoas colocan nela algúns datos personaispersoais do usuario.
*'''''Nota:''' se escribes o teu correo electrónico non poñas @ para evitar aos programas rastreadores de enderezos para [[spam]]. Podes poñer algo substitutivo, por exemplo: Usuario/arroba/correo.net''.
 
Liña 43 ⟶ 53:
 
Quizais queiras saber como [[Wikipedia:Preferencias de usuario|definir as túas preferencias de usuario]].
 
Para deixar de estar conectado e saír ao anonimato tes que premer na icona de "'''saír ao anonimato'''" que atoparás na parte superior á dereita.
 
{{VoltarAxuda}}