Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
páxina de usuario e conversa
Liña 1:
[[Ficheiro:Crear_conta_nova.JPG|300px350px|thumb|right|Captura da pantalla do cadro que sae cando alguén quere crear unha nova conta de usuario.]]
[[Ficheiro:Acceder_ao_Sistema.JPG|300px350px|thumb|right|Captura da pantalla do cadro que sae cando alguén quere entrar ao sistema.]]
Non é obrigatorio nin necesario o '''rexistro dunha conta de [[Wikipedia:Wikipedistas|usuario]]''' na [[Wikipedia]] para ler ou editar páxinas. Tan só é unha opción que proporciona funcións adicionais, ademais dun recoñecemento por parte da comunidade, polo que é bastante recomendado. Se non queres que ninguén saiba o teu [[enderezo IP]], entón deberías crear unha conta para evitar que se mostre nos historiais.
 
Liña 42:
 
Se, pola contra, non deches un enderezo correo ou non podes acceder a el, terás que crear unha nova conta. Unha vez feito isto, cómpre facer unha solicitude no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios|Taboleiro dos administradores]], achegando datos suficientes para deixares claro que ti es ambas as dúas persoas, para así mover as túas antigas páxinas de usuario e conversa ao teu novo nome. Entón, crearase oficialmente unha ligazón entre a túa nova identidade e conseguirase que ninguén poida dubidar de que a túa nova conta sexa un monicreque.
 
==Páxinas de usuario e de conversa==
Unha vez que esteas rexistrado poderás crear as túas propias páxinas ''[[Especial:A miña páxina|de usuario]]'' e ''[[Especial:A miña conversa|de conversa]]''. Cando estás dentro do sistema, verás o teu nome de usuario na franxa superior das páxinas, con diversas ligazóns útiles. Preme sobre el para ir á túa páxina, que se pode [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editar]] da mesma forma que o resto das páxinas do wiki. A meirande parte dos usuarios emprégana para darse a coñecer, escribindo sobre eles e mais os seus intereses, por exemplo.
 
Da mesma forma tamén podes ter unha páxina de conversa propia. Podes chegar a ela premendo na ligazón "'''a miña conversa'''" ao carón do teu nome de usuario. Nesta páxina é onde os demais usuarios che deixarán mensaxes cando queiran pórse en contacto contigo, e así poidas responder ti na súa conversa. Cada vez que alguén che escriba un comentario nela, o sistema avisarate automaticamente mediante un cartel laranxa dicíndoche que tes mensaxes novas.
 
==Saír ao anonimato==
Liña 60 ⟶ 65:
 
{{Enuso}}
==Como rexistrarse==
Unha vez que esteas rexistrado podes acceder á túa páxina de usuario (''Usuario:Nome_usuario'') facendo clic no teu nome na parte superior da páxina. Podes [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editala]] da mesma forma que o resto das páxinas da Wikipedia.
 
Algunhas persoas colocan nela algúns datos persoais do usuario.
*'''''Nota:''' se escribes o teu correo electrónico non poñas @ para evitar aos programas rastreadores de enderezos para [[spam]]. Podes poñer algo substitutivo, por exemplo: Usuario/arroba/correo.net''.
 
Da mesma forma tamén podes ter unha páxina propia de conversa (''Conversa Usuario:Nome_usuario''). Na páxina de conversa de usuario é onde os demais usuarios acostuman deixarche mensaxes cando queren contactar contigo: esta páxina avisarate automaticamente cada vez que teñas novas mensaxes. Para escribir nela, ou noutras páxinas de conversa de usuario non tes máis ca editalas como unha páxina normal.
 
Se queres que cando escribas o teu nome de usuario apareza unha ligazón directa á túa páxina de conversa escribe: <code><nowiki>[[Usuario:Nome_usuario|Usuario]]<sup>[[Conversa Usuario:Nome_usuario|(talk)]]</sup></nowiki></code> nas [[Especial:Preferences|túas preferencias]].