Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
páxina de usuario e conversa
Liña 44:
 
==Páxinas de usuario e de conversa==
Unha vez que esteas rexistrado poderás crear as túas propias páxinas ''[[Especial:A miña páxina de usuario|de usuario]]'' e ''[[Especial:A miña conversa|de conversa]]''. Cando estás dentro do sistema, verás o teu nome de usuario na franxa superior das páxinas, con diversas ligazóns útiles. Preme sobre el para ir á túa páxina, que se pode [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editar]] da mesma forma que o resto das páxinas do wiki. A meirande parte dos usuarios emprégana para darse a coñecer, escribindo sobre eles e mais os seus intereses, por exemplo.
 
Da mesma forma tamén podes ter unha páxina de conversa propia. Podes chegar a ela premendo na ligazón "'''a miña conversa'''" ao carón do teu nome de usuario. Nesta páxina é onde os demais usuarios che deixarán mensaxes cando queiran pórse en contacto contigo, e así poidas responder ti na súa conversa. Cada vez que alguén che escriba un comentario nela, o sistema avisarate automaticamente mediante un cartel laranxa dicíndoche que tes mensaxes novas.