Wikisource:Normas de conduta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
reelaboración de contidos coa axuda de en.wp (aprovéitase gran parte do contido anterior)
→‎Principios de conduta na Wikipedia: traduzo e adapto unha sección de en.wp
Liña 34:
* Rectifica, edita, [[Wikipedia:Páxina de conversa|debate]].
* Lembra que estás a falar con ''persoas''. Teñen sentimentos. Trata aos demais con dignidade. O mundo é un lugar moi grande, con diferentes culturas e convencións. Non uses xerga que outros non poidan entender. Usa os acrónimos con coidado e explica o seu significado se hai posibilidade de dúbida.
 
===Evita as críticas indirectas===
Procura evitar o uso de comiñas e outros recursos que impliquen críticas ou indirectas, nos resumos de edición e mais nas páxinas de conversa. Por respecto aos demais usuarios, as críticas da edición doutra persoa, da redacción e elección da terminoloxía ou calquera resposta crítica a un comentario debe facerse de xeito claro, directo e explícito, de maneira que poida ser facilmente entendida e respondida.
 
Ten presente que o sarcasmo non é tan fácil de transmitir na escrita e pode malinterpretarse. Á hora de expresar críticas deben evitarse as insinuacións, os dobres sentidos e as sutilezas excesivas ou inxustificadas. Este punto tamén axuda ao editor que recibe a crítica a entender correctamente a situación e dar unha resposta aos problemas. Isto tamén pode axudar a aquelas persoas que non teñan o galego como lingua materna.
 
Cando sexa necesario utilizar este estilo de comunicación para ser conciso ou ilustrativo, o mellor é explicar o significado das comiñas ou de calquera outra indirecta expresada.
 
Por descontado, a comunicación crítica de calquera maneira e en relación a calquera asunto debe ser [[Wikipedia:Civismo|cívica]], debe [[Wikipedia:Asuma a boa fe|asumir a boa fe]] e non debe ser dura cos novatos. En caso de dirixirse ao comportamento dun editor ou a outros aspectos dun comentarios, as críticas '''en ningún caso''' deben constituír un [[Wikipedia:Non faga ataques persoais|ataque persoal]].
 
{{En uso}}
 
==Como evitar o abuso das páxinas de conversa==
Case todos están orgullosos do seu traballo e punto de vista. É fácil ferir o ego de alguén durante a edición dun artigo, mais as ''páxinas de conversa'' non son o lugar axeitado para contra-atacar. Son un bo lugar para calmar os ánimos ou desfacer o dano causado, o seu verdadeiro propósito é forxar acordos que beneficien os artigos aos cales están ligadas.