Lei de símbolos de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
|nome=Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia
|autor=
|dataano=29/5/1984
}}
 
{{columnas 2}}
<center>'''Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia'''</center>
 
 
Preámbulo:
 
Estatuto de Galicia dispón no seu artigo sexto:
 
«1. A bandeira de Galicia é branca, cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
 
2. Galicia ten himno e escudo de seu.»
 
Da lectura desta disposición, que non se remite a un desenvolvemento lexislativo, cabe doadamente pensar que os redactores da nosa Lei estatutaria tiñan ben presente que xa existían no ánimo e no pensar do pobo galego o himno e o escudo, e que, polo tanto, non cabían sobre a súa regulación máis dúbidas cás que veñen impostas pola necesidade de oficializa-la letra e a música que Pondal e Veiga puxeron na memoria e na boca dos galegos e pola conveniencia de describir coa exactitude que a heráldica demanda o símbolo que foi nacendo en pedras e en bandeiras co paso das idades.
 
Polo que se refire á bandeira, que vén descrita no Estatuto como seña de identidade e co rango que precisaba, a Lei limítase a fixa-las súas proporcións, a regula-la bandeira oficial, isto é, a que vai cargada co Escudo, e a face-las previsións precisas no que toca ó seu uso e ás súas precedencias.
 
Parte a Lei de considerar que os tres símbolos de Galicia foron asumidos como seus polo pobo galego e non fai, polo tanto, máis precisións cás estrictamente imprescindibles para un uso correcto da bandeira, para fixar definitivamente a composición do escudo e para lles dar carácter oficial á letra e á música do himno.
 
Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a Lei de símbolos de Galicia.
 
Artigo 1
 
A bandeira, o escudo e o himno de Galicia simbolizan a súa identidade como nacionalidade histórica.
 
Artigo 2
 
1. A bandeira de Galicia, de acordo co preceptuado no artigo 6 do Estatuto, é branca cunha banda diagonal de cor azul que a atravesa desde o ángulo superior esquerdo ó inferior dereito.
 
2. A bandeira de Galicia deberá levar cargado o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma.
 
Artigo 3
 
O Escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe.
 
O timbre coroa real, cerrada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de pérolas e das súas follas saen cadansúas diademas sumadas de pérolas, que converxen nun mundo de azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro. A coroa, forrada de gules, ou vermello.
 
Artigo 4
 
Declárase himno de Galicia a composición «Os Pinos», poema de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga.
 
Artigo 5
 
A bandeira de Galicia utilizarase, xuntamente coa de España, en tódolos edificios públicos do ámbito territorial da Comunidade Autónoma, e nos actos oficiais que nela se celebren.
 
O disposto anteriormente entenderase respetando sempre a lexislación específica e as precedencias que sexan de rigor.
 
Artigo 6
 
1. A bandeira de Galicia cando concorra soamente coa bandeira de España situarase á súa esquerda desde a presidencia se a houbese, e á dereita desde o observador.
Cando concorra ademais con bandeiras de Concellos, Deputacións ou calquera outra corporación pública que utilice bandeira propia, a de Galicia situarase á dereita da de España se o número é impar
e á súa esquerda se fose par.
 
2. Se concorre con outras bandeiras, estas non poderán ter maior tamaño cá de Galicia.
 
Artigo 7
 
O escudo de Galicia deberá figurar:
 
1) Nas bandeiras ás que se refire o artigo 5.
 
2) Nas Leis de Galicia que promulgue, en nome de El-Rei, o Presidente da Xunta.
 
3) Nas placas nas fachadas dos locais da Administración Autonómica.
 
4) Nos cuños en seco e de lacre da Comunidade Autónoma.
 
5) Nos títulos acreditativos de condecoracións galegas.
 
6) Nas publicacións oficiais.
 
7) Nos documentos, impresos, cuños e membretes de uso oficial da Comunidade.
 
8) Nos diplomas e títulos expedidos pola Comunidade Autónoma.
 
9) Nos distintivos usados polas autoridades ou funcionarios da Comunidade ós que lles corresponda.
 
10) Nos edificios públicos e nos obxectos de uso oficial nos que, polo seu carácter representativo, sexa pertinente.
 
Artigo 8
 
O himno de Galicia deberá ser interpretado nos actos oficiais solemnes das institucións autonómicas de Galicia, e das entidades locais do seu territorio.
 
Artigo 9
 
Os símbolos de Galicia gozan da mesma protección xurídica que as Leis estatais confiren ós símbolos do Estado con aplicación dos mesmos casos e supostos que estas contemplan.
 
Disposición transitoria primeira
 
Os símbolos de Galicia axustaranse no prazo dun ano ó previsto nesta Lei.
 
Disposición transitoria segunda
 
Sen prexuício do disposto na Disposición Transitoria primeira manteranse os escudos existentes en edificios declarados monumentos histórico-artísticos e naqueloutros monumentos, edificios ou construccións da que sexan parte ornamental importante ou se a súa estructura se puidese danar ó separa-los escudos.
 
Disposición adicional primeira
 
A bandeira de Galicia terá unha lonxitude igual a tres medios do seu ancho e o ancho da banda será igual á cuarta parte do ancho da bandeira.
 
A representación é a seguinte:
 
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
Disposición adicional segunda
 
1) A representación lineal do escudo de Galicia é a seguinte:
 
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
2) Nas bandeiras, o escudo colocarase no centro e a súa altura será igual á metade do ancho da bandeira.
 
A representación lineal da bandeira cargada co escudo é a seguinte:
 
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
Disposición adicional terceira
 
1) A letra do himno de Galicia, da que foi autor o bardo Eduardo Pondal, é a seguinte:
 
<poem>
¿Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
</poem>
 
2) A partitura oficial do himno de Galicia, composta por Pascual Veiga, é a seguinte:
 
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
Disposición adicional cuarta
 
No Regulamento de Honras da Comunidade Autónoma deberán especificarse os usos e preeminencias que correspondan a insignias, distintivos, tratamentos e enseñas tradicionais, como a Antiga Marcha do Reino de Galicia, sen que o seu uso, o seu ritual ou o seu exercicio poidan menoscaba-la preeminencia que lles corresponde ós símbolos descritos na presente Lei.
 
Disposición derradeira única
 
Autorízase ó Goberno Galego para dicta-las disposicións regulamentarias precisas para o cumprimento da presente Lei, que entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no ''Diario Oficial de
Galicia''.
 
Santiago de Compostela, 29 de maio de 1984
 
<center>Gerardo Fernández Albor</center>
 
<center>Presidente</center>
 
{{nova columna}}
 
<center>'''Ley 5/1984, do 29 de mayo, de símbolos de Galicia'''</center>
 
 
Preámbulo
Liña 85 ⟶ 262:
 
Los símbolos de Galicia gozan de la misma protección jurídica que las Leyes estatales confieren a los símbolos del Estado con aplicación de los mismos casos y supuestos que éstas contemplan.
DISPOSICIONES TRANSITORIAS
 
Disposición transitoria primera
Primera
 
Los símbolos de Galicia se ajustarán en el plazo de un año a lo previsto en esta Ley.
 
Disposición transitoria segunda
Segunda
 
Sin perjuicio de lo dispuesto en la disposición transitoria primera se mantendrán los escudos existentes en edificios declarados monumentos histórico-artísticos y en aquellos otros monumentos, edificios o construcciones de la que sean parte ornamental importante o si su estructura se pudiera dañar al separar los escudos.
DISPOSICIONES ADICIONALES
 
Disposición adicional primera
Primera
 
La bandera de Galicia tendrá una longitud igual a tres medios de su ancho y el ancho de la banda será igual a la cuarta parte del ancho de la bandera.
Liña 104 ⟶ 279:
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
Disposición adicional segunda
Segunda
 
1. La representación lineal del escudo de Galicia es la siguiente:
Liña 116 ⟶ 291:
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
Disposición adicional tercera
Tercera
 
1. La letra del himno de Galicia, cuyo autor fue el bardo Eduardo Pondal es la siguiente:
<poem>
 
¿Que din os rumorosos
 
na costa verdecente,
 
ao raio transparente
 
do prácido luar?
 
¿Que din as altas copas
 
de escuro arume arpado
 
co seu ben compasado
 
monótono fungar?
 
Do teu verdor cinguido
 
e de benignos astros,
 
confin dos verdes castros
 
e valeroso chan,
 
no des a esquecemento
 
da inxuria o rudo encono;
 
desperta do teu sono
 
fogar de Breogán.
 
Os bos e xenerosos
 
a nosa voz entenden
 
e con arroubo atenden
 
o noso ronco son,
 
mais sóo os iñorantes
 
e féridos e duros,
 
imbéciles e escuros
 
non os entenden, non.
 
Os tempos son chegados
 
dos bardos das edades
 
que as vosas vaguedades
 
cumprido fin terán;
 
pois, donde quer, xigante
 
a nosa voz pregoa
 
a redenzón da boa
 
nazón de Breogán.
</poem>
 
2. La partitura oficial del himno de Galicia, compuesta por Pascual Veiga, es la siguiente:
Liña 188 ⟶ 333:
<center>[[Ficheiro]]</center>
 
Disposición adicional cuarta
Cuarta
 
En el Reglamento de Honores de la Comunidad Autónoma deberán especificarse los usos y preeminencias que correspondan a insignias, distintivos, tratamientos y enseñas tradicionales, como la antigua Marcha del Reino de Galicia, sin que su uso, su ritual o su ejercicio puedan menoscabar la preeminencia que corresponde a los símbolos descritos en la presente Ley.
 
Disposición final única
DISPOSICION FINAL UNICA
 
Se autoriza al Gobierno Gallego para dictar las disposiciones reglamentarias precisas para el cumplimiento de la presente Ley, que entrará en vigor al día siguiente de su publicación en el ''Diario Oficial de Galicia''.
 
Santiago de Compostela, 29 de mayo de 1984
 
<center>Gerardo Fernández Albor</center>
 
<center>Presidente</center>
Se autoriza al Gobierno Gallego para dictar las disposiciones reglamentarias precisas para el cumplimiento de la presente Ley, que entrará en vigor al día siguiente de su publicación en el «Diario Oficial de Galicia».
 
{{final columnas}}
 
<br style="clear:both" />