Conto (Dous rapaciños rifaron...): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11:
<div style="-moz-column-count: 2; column-count: 2;">
 
&nbsp;&nbsp;&nbsp; <big>'''{{Xxxxx-grande|D'''</big>}} ous rapaciños rifaron, y-estábanse batendo cegos. Un d’iles san e rexo, y-o outro un malpocadiño que choraba. Dúas mulleres apartáronos e levaron ó meniño dos choros dándolle bicos. O outro, o san e forte, sollo, vermello de vergonza quedaba sin agarimo, cheo de tristura, e foise indo paseniño. Fíxenlle unha festa ó probe do rapás e dixen pra min «tamén os fortes dan compasión ás veces», lembrándome d'un sucedido.
 
&nbsp;&nbsp;&nbsp; O sucedido foi esto. Había unha vés n-unha aldea veira mar, n-a ría de Marín, dous mozos mariñeiros. Chuco e Manoel. Eran tempos n-os qu’aínda non ian as motoras a buscar sardiña a Leixões, nin xiquera as artes da traíña eran donas das rías. Os barcos xeitosos ían mar afora máis alá d’a illa d’Ons e chegaban moitas veces a Finisterre.