Ensaios e poesías/O galego na escola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:A Nosa Terra mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 7:
<center>Publicado en "A Nosa Terra"</center>
 
{{Prose}}
 
{{Espazos|3}}Falei ja na "Nosa Terra" da necesidade de introducir o galego na escola. ¿Cómo pode facerse isto? Craro é que non temos que pensar en suplantar o castelao nin moito menos. O único a intentare debe ser que a nosa língua non fique totalmente relegada. O porvir dirá si isto abonda. O primeiro paso para que o galego apareza na escola ha de consistir en que o mestre non prohiba ôs rapaces ou rapazas a espresión do pensamento espontáneo; é decir, na propia enxebre fala. ¡Cánto non se adiantaría pedagógicamente si tal se fixera en Galicia! Suprimir a formulación do pensar n'unha língua extraña é suprimir un dos impedimentos mais grandes para o pensar, ja que pensar e verbe van sempre íntimamente unidos. O mestre debe dar ainda outro paso. Cando seja totalmente preciso, como sucede no insino dos nenos que comenzan a frecuentar a escola, non deben evitar falar en galego anque o fale sômente como línguage auxiliar.
 
Liña 17:
 
{{Espazos|3}}Non podo pretender que meu plan lévese a práctica inmediata e totalmente. Precisamos ir facendo ensaios escollendo as localidades e a ocasión. Hay oje mestres que saben o galego e hay escolas normaes en que a introducción do seu ensino non se hacharía difícil. Lembrémonos ademais que existen en Galicia moitas escolas privadas, que non son do Estado, (un dos fenómenos máis interesantes da nosa vida educacional) e que n'estas encontraríamos un bon terreo para o galeguismo. Fai falla eiquí, como en todo traballo renovador, tacto, constancia e entusiasmo.
</div>
 
[[Categoría:Xoán Vicente Viqueira]]
[[Categoría:1917]]