Follas novas/En Cornes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
outro pouco
listo
Liña 1:
{{En uso}}
{{encabezar
|nome=[[IV. D'a terra]] ([[Follas novas]])
Liña 78 ⟶ 77:
 
III
 
Ódiote campo fresco,
C'os teus verdes valados,
C'os teus altos loureiros
Y os teus camiños brancos
Sembrados de violetas,
Cubertos d'emparrados.
Ódiovos montes soaves
Que o sol poniente aluma,
Qu'en noites mais sereas
Vin o fulgor d'a lua,
Y ond'en mellores dias
Vaguey po-las alturas.
E tí tamén, pequeno
Rio, cal n'outro hermoso
Tamén aborrecido,
És antr'os meu recordos...
¡Porque vos amey tanto,
E porque así vos odio!
</poem>