Normativa oficial do galego - A acentuación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 28:
As palabras esdrúxulas ou proparoxítonas levan sempre acento gráfico: ''bárbaro, tépedo, tónico''...
 
== Acentuación de ''i'', ''u'' en hiato ==
 
Con independencia do establecido nos epígrafes precedentes, as vogais ''i'', ''u'' tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así: ''acentúo, aínda, baúl,caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, moía, prexuízo, raíña, raíz, roía,ruído, saía, saín, saír, súa, traía, túa, xuízo'', etc. Para os efectos de indicar que non forman ditongo coa anterioar, as vogais ''i'', ''u'' tónicas non se acentúan graficamente cando entre ambas aparece o grafema ''h'': ''prohibido''.
Liña 171:
As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome: ''é / élle / éa;dáo / dáme / dálle; ti dálo á forza / dáslle; vélo comprar? ''
 
=== Os adverbios en ''-mente''. Palabras compostas ===
 
Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en ''-mente''. Por iso debemos escribir ''comicamente, comunmente, dificilmente, friamente, habilmente, rapidamente,rexamente, finxidamente, utilmente''... No caso de apareceren varios adverbios en ''-mente'' coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro, e os anteriores manteñen o seu acento: ''cómoda e facilmente''.