Normativa oficial do galego - A acentuación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 95.121.152.61 (conversa); cambiado á última versión feita por Estevoaei
m Arranxos varios
Liña 19:
En consecuencia, non se acentúan as palabras graves rematadas en vogal, vogal + ''n'', vogal + ''s'' ou vogal + ''ns''. Así: ''canta, cantara; cantan, cantaran; cantas, cantaras, lapis; canons, colons, dolmens''.
 
Para a acentuación de ''i'', ''u'' en hiato, véxase ''[[Normativa oficial do galego - A acentuación#Acentuaci.C3.B3n de i.2C u en hiato|acentuación de ''i'', ''u'' en hiato]]''.
 
== Palabras esdrúxulas ==
Liña 27:
Con independencia do establecido nos epígrafes precedentes, as vogais ''i'', ''u'' tónicas acentúanse graficamente cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais pertencen a sílabas distintas e que, polo tanto, non forman ditongo. Así: ''acentúo, aínda, baúl,caída, Coímbra, constituíu, egoísmo, miúdo, moía, prexuízo, raíña, raíz, roía, ruído, saía, saín, saír, súa, traía, túa, xuízo'' etc. Para os efectos de indicar que non forman ditongo coa anterior, as vogais ''i'', ''u'' tónicas non se acentúan graficamente cando entre ambas aparece o grafema ''h'': ''prohibido''.
 
Non levan acento gráfico, as vogais ''i'', ''u'' tónicas que forman ditongo crecente ou decrecente coa vogal que as segue ou que as precede: ''bilingüismo, lingüista, puido, partiu, seguiu''.
 
== Acentuación dos estranxeirismos e latinismos ==
Liña 170:
 
=== O verbo con pronome enclítico e cos alomorfos do artigo ''lo(s)'', ''la(s)'' ===
Cando os verbos levan pronomes enclíticos, no tocante á acentuación gráfica compórtanse coma se fosen unha soa palabra. Por iso escribimos ''cantará / cantara, cantaraa /cantáraa; beberá / bebera, beberaa /bebéraa; recibirá / recibira, recibiraa / recibíraa; bebérala /beberala; cantárana / cantarana; métese; méteseche; meteuse;metéusenos; tómao; fixéronllelo'' etc.
 
Se se utiliza a combinación verbo + variante alomórfica ''–lo'' do artigo, acentúase tamén coma se fose unha única palabra: ''cóme-lo caldo / come-lo caldo, bebéra-la auga / bebera-la auga'' etc.
 
As formas verbais que levan acento diacrítico mantéñeno cando van seguidas dunha forma átona do pronome: ''é / élle / éa;dáo / dáme / dálle; ti dálo á forza / dáslle; vélo comprar? ''
 
=== Os adverbios en ''-mente''. Palabras compostas ===
Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en ''-mente''. Por iso debemos escribir ''comicamente, comunmente, dificilmente, friamente, habilmente, rapidamente,rexamente, finxidamente, utilmente''... No caso de apareceren varios adverbios en ''-mente'' coordinados, esta terminación só aparece no derradeiro, e os anteriores manteñen o seu acento: ''cómoda e facilmente''.
 
Tampouco mantén o acento gráfico o primeiro termo das palabras compostas xa soldadas: ''Riotorto, fervellasverzas, vichelocrego'' etc.
 
=== Outros casos ===