Normativa oficial do galego - O guión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Category->Categoría
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 5:
O guión úsase para partir unha palabra ao final de liña, para separar os dous membros en certas palabras compostas e para unir a variante alomórfica –lo do artigo ao adverbio u: ''dicionario galego-inglés'', ''u-la navalla?'' Se se usa o alomorfo ''–lo'' do artigo tras unha forma verbal ou pronominal rematada en ''–s'' ou en ''–r'', únese tamén con guión (cfr. 14.1): ''tráiovo-lo libro mañá''.
 
== O guión nas palabras compostas ==
 
A grafía das palabras compostas que son substantivos ou adxectivos está en relación coa súa composición e morfoloxía.
Liña 23:
Cando un guión que separa dúas palabras ou dous membros dunha palabra complexa coincide en final de liña, cómpre repetilo ao comezo da liña seguinte: ''dicionario galego-/-inglés''.
 
=== Unha consoante en posición intervocálica ===
Cando hai só unha consoante intervocálica, esta é sempre comezo silábico: ''cla-/ri-/da-/de, cle-/ro, exa-/me, fei-/xe,sou-/to, sei-/xo, sa-/quei''.
 
=== Dúas consoantes intervocálicas ===
 
Nas secuencias de dúas consoantes intervocálicas, na maior parte dos casos a primeira fai sílaba coa vogal anterior. Neste caso, a separación silábica faise entre as dúas consoantes: ''ac-/to,pac-/tar, abdominal, ad-/mitir, ec-/cema, excep-/ción, ac-/ción, amíg-/dala,ob-/xec-/to, sub-/título, adap-/tar, sub- xec-/tivo, et-/nografía,sig-/nificado, rit-/mo, xen-/ro, om-/nipotente, comun-/mente, des-/viar,ad-/herir''.
Liña 33:
As secuencias ''bl, br, pl, pr, cl, cr, gl, gr, dr, tl, tr, fl'' e ''fr'' intervocálicas forman unha unidade e non se poden separar ao final da liña: ''pro-/blema, do-/brado, desa-/plicar, su-/plantar,pro-/clamar, se-/creto, de-/glutir, se-/gredo, ca-/dro, ca-/tro, re-/flexión,re-/fresco, transa-/tlántico''.
=== Máis de dúas consoantes ===
 
Cando hai máis de dúas consoantes, se o grupo termina en ''l'' ou ''r'', a consoante que as precede forma sempre sílaba con elas: ''en-/trar, ex-/tremo, in-/clinación, ins-/truír, subs-/crición,in-/glés, em-/blema, subs-/trato''. En todos os demais casos faise aseparación antes da última consoante: ''pers-/picacia, abs- /temio,subs-/tituír, sols-/ticio, cons-/piración, trans-/posición, ins-/titución,supers-/tición''.
Liña 43:
Non obstante, naqueles casos en que a silabación habitual así o permita, non se considera incorrecta a partición sen ter en conta os elementos mórficos da palabra: ''tran-/soceánico, bi-/savó,supe- /rabundante''.
 
=== Dúas vogais ===
No caso de haber dúas vogais xuntas, non se poden separar cando forman ditongo crecente ou decrecente: ''fei-/xe, sei-/xo, sou-/to, ru-/bio,la-/bial, cien-/cia, espe-/cie, exi-/mia, te-/nue, conti-/nuo, ani/mais, ambi-/guo,ambi-/gua, bilin-/güe, delin-/cuen-/te, lin-/gua, Ma-/nuel, delin-/quiu,viu, sue-/co''.
Liña 49:
Poden separarse cando constitúen hiato: ''dí-/as,parti-/amos, ra-/íña, gra-/údo, ca-/ótico, mu-/íño, re-/alidade, co-/ordinar, mi-/údo, afi-/uzar, balu-/arte, xesu-/íta,alu-/arada, perdo-/amos, conclú-/es, conclú-/as, che-/os, are-/al, alde-/án''.
 
=== Máis de dúas vogais ===
Se hai tres ou máis vogais xuntas pode separarse a primeira sempre que non forme parte dun ditongo ou dun tritongo: ''ensa-/iar, ensa-/iei, ensa-/iou, afi-/ei, bo-/iei-/ro, la-/ión, xo-/ia,pa-/io-/lo, clareou, are-/ei-/ra, retribu-/íu, ro-/eu, mo-/ia-/mos,cor-/diais, so-/ciais''.