Normativa oficial do galego - Sufixos e terminacións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
asimesmo -> así mesmo
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 1:
{{Normativa oficial do galego}}
<h1>= 9. Sufixos e terminacións </h1>=
 
No referente a sufixos e terminacións o galego adopta solucións propias, que unhas veces son específicas e outras veces coinciden, en xeral, co portugués e, parcialmente, co castelán e con outras linguas románicas. A continuación faise referencia aos sufixos e terminacións que poden presentar algún problema.
 
== ''-ancia, -encia,-iencia, -uencia, -cia, -cio, -za, -zo'' ==
 
Nas palabras cultas, en xeral as de entrada máis recente, coincide o galego co castelán e co portugués, pois nos tres idiomas consérvanse estas terminacións sen alteración na forma.
 
Así, teñen -''ancia'', entre outros, os substantivos ''abundancia, alternancia, arrogancia, circunstancia, constancia, discordancia, distancia, elegancia, estancia'' "cuarto, estadía", ''extravagancia, exuberancia, ganancia, ignorancia, importancia, infancia, petulancia, redundancia, repugnancia, resonancia, substancia, tolerancia, vixilancia'', etc.
 
Teñen terminación ''-encia, -iencia'' ou –''uencia'', entre outros, ''adolescencia, aparencia, ascendencia, descendencia, diverxencia, esixencia, incidencia, independencia, indulxencia, inocencia, intelixencia, presidencia, procedencia, referencia, residencia, reticencia, urxencia, virulencia, vixencia; audiencia, ciencia, conciencia, consciencia, conveniencia, deficiencia, desobediencia, eficiencia, experiencia, impaciencia, inconsciencia, inconveniencia, inexperiencia, insuficiencia, obediencia, omnisciencia, paciencia, proveniencia, sapiencia, subconsciencia, suficiencia; afluencia, altilocuencia, anuencia, confluencia, consecuencia, delincuencia, efluencia, elocuencia, fluencia, frecuencia, grandilocuencia, incongruencia, inconsecuencia, influencia, secuencia'', etc.
 
Teñen terminación -''cia'', entre outros, ''acacia, audacia, avaricia, contumacia, delicia, eficacia, falacia, farmacia, ictericia, impericia, inmundicia, malicia, milicia, noticia, pericia, perspicacia, pertinacia, suspicacia'', etc. Entre estas palabras está ''Galicia'', denominación oficial do país e forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna. ''Galiza'' é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.
 
Teñen terminación -''cio'' formas coma'' anuncio, artificio, beneficio, bulicio, cartapacio, cilicio, comercio, consorcio, desperdicio, divorcio, edificio, exercicio, ficticio, hospicio, maleficio, necio,negocio, nuncio, oficio, orificio, palacio, patricio, precipicio, prefacio, propicio, sacerdocio, sacrificio, silencio, socio, vicio, xentilicio'', etc.
 
Noutras palabras o galego conserva a forma coincidente coa portuguesa e diferente da castelá. Así, en ''andazo, avinza, cansazo, cobiza (cobizar, cobizoso'', etc), ''crenza'' (''descrenza''), ''diferenza'' (''indiferenza''), ''doenza, espazo (espazar, espazoso), estanza ('estrofa'), graza (desgraza), licenza, nacenza (renacenza), novizo, perseveranza, pertenza'' (xunto aocultismo ''pertinencia'', con significado diferente), ''presenza, prezo (desprezo, menosprezo, prezar, desprezar), querenza (benquerenza, malquerenza), sentenza, servizo (servizal), tenza (mantenza), terzo (terza, terzá, terzar), xuízo (axuizar, prexuízo), xustiza (axustizar, inxustiza,xusticeiro''). Hai palabras sen correlato nunha ou nas dúas linguas veciñas, como'' habenza''.
 
Moitas palabras introducidas por vía popular teñen a terminación patrimonial -''zo/-za'' (port. -''ço/-ça'') nos tres idiomas. Por exemplo, ''finanza'' (port. ''finança'',cast. ''finanza''), ''preguiza'' (port. ''preguiça'', cast. ''pereza''), ''postizo'' (port. ''postiço'', cast. ''postizo'').
 
== -''ción, -sión'' ==
 
Mantéñense os dous sufixos nas palabras cultas: ''acción, admiración, aliteración, atención, bendición'' (ao lado da forma patrimonial ''beizón''), ''canción, codificación, composición, condenación, disolución, edición, educación, emigración, emoción, indicación, lección, manipulación, nación, perturbación, restauración, vacación'', etc.; ''admisión, concesión, confesión, división, evasión, excursión, expansión, invasión, lesión, previsión, revisión, televisión, versión'', etc.
 
Levan ''-zón'' palabras patrimoniais como ''doazón,razón, sazón, torzón, traizón'', etc.
 
== ''-nte'' ==
 
Esta terminación permite formar adxectivos ou substantivos sobre a base dun verbo. Os que o fan sobre verbos da primeira e da segunda conxugacións manteñen inalterada a vogal temática correspondente: ''cantante, camiñante; valente, crente, nacente, crecente''.
 
Os relacionados con verbos da terceira conxugación, pola contra, non presentan un resultado uniforme. Os máis deles son cultismos que se remontan á correspondente forma latina, no canto de formárense sobre o verbo romance, polo que presentan como vogal temática ''e'' ou ''ie'': ''maldicente, maledicente; producente, contraproducente; incidente, reincidente; transixente, intransixente; lucente, relucente; escribente; constrinxente; insurxente; influente, confluente, afluente; vivente, supervivente; consecuente, subsecuente'', etc.; ou ''expediente, conveniente, proveniente, interveniente, nutriente, recipiente, saliente, sobresaliente'', etc. Só uns poucos verbos da terceira conxugación presentan unha forma nominal con vogal temática ''i'': ''concluínte; contribuínte; saínte; seguinte, conseguinte; oínte ou ouvinte; constituínte, reconstituínte''.
 
Sobre os verbos ''durmir'' e ''servir'' os derivados esperados deberían presentar -''ie''- (como cultismos) ou -''i''- (como derivados romances). En lugar destas formas rexístranse como patrimoniais ''dormente'' (adx. e subst.) e ''servente'' (subst.).
 
== -''mento'' ==
 
Os substantivos formados con este sufixo manteñen en todos os casos a vogal temática do verbo que lles serve de base: ''acabamento, regulamento; esquecemento, coñecemento; revestimento, resentimento''.
 
== -''se'' ==
 
As voces cultas con orixe nos nomes gregos en –''sis'' adoptan a terminación -''se'' e son todas do xénero feminino: ''análise, antítese, apoteose, arteriosclerose, base, catálise, catequese, crase, crise, diagnose, diátese, diérese, diocese, dose, eclipse, electrólise, elipse, énfase, cirrose, esclerose, esexese, éxtase, fase, fotosíntese, frase, hemoptise, hidrólise, hipnose, hipótese, metamorfose, metástase, narcose, neurose, osmose, paráfrase, paréntese, perífrase, prolepse, prótase, prótese, psicose, simbiose, sindérese, sinopse, síntese, tese, tuberculose, xénese''.
 
Non pertencen a este grupo as palabras ''oasis'' e ''chasis''.
 
== -''ite'' e -''te'' ==
 
En correspondencia coas palabras do grupo anterior, e por razóns similares, esta é tamén a adaptación das palabras coasterminacións gregas -''itis'' e -''tis'', todas elas femininas: ''amigdalite, apendicite, artrite, bronquite,c ardite, colite, conxuntivite, diabete, encefalite, endocardite, enterite, estomatite, farinxite, gastrite, glote, hepatite, larinxite, meninxite, miocardite, nefrite, neurite, otite, pancreatite, peritonite, pleurite,tendinite'', etc. Nótese que ''gratis'' non pertence a este grupo.
 
De maneira similar, teñen -''e'' palabras como ''acrópole, cute, epiderme, metrópole, necrópole, paralaxe, praxe, psique'' e ''sintaxe'', tamén femininas.
 
== –''ble / -bel'' ==
 
A solución moderna para as palabras cultas que teñen o sufixo latino -BILIS é -''ble'' ou -''bel'' (pl.''-bles'' ou -''beis''). Así, ''amable, apetecible, bebible, estable, indeleble, indisoluble, infalible, perdurable, preferible, realizable, soluble, terrible, variable, xeneralizable'', etc.; ou ''amábel, apetecíbel, bebíbel, estábel, indelébel, indisolúbel, infalíbel, perdurábel, preferíbel, realizábel, solúbel, terríbel, variábel, xeneralizábel'', etc.
 
Consecuentemente, débese escribir ''establecer'', ''establecemento'', ''restablecer'' e ''restablecemento'', ou ben ''estabelecer, estabelecemento, restabelecer'' e ''restabelecemento''.
 
A secuencia -''bil'' (pl. -''biles'') aparece en palabras como ''débil, hábil, lábil, móbil, núbil''.
Liña 60:
== -''eo, -eu'' e –''ao, -au'' ==
 
Cómpre distinguir na escrita as terminacións -''eo'' e -''eu'', que se corresponden cunha diferenza fonética real. Rematan en -''eo'' as palabras populares procedentes das latinas rematadas en -AELUM, -ELUM, -OEDUM, -ENUM (calquera que sexa o timbre da vogal tónica) e as formadas co sufixo -''eo'' a partir de verbos en -''ear'': ''ceo, receo, veo, feo, cheo, freo, arqueo, bloqueo'', etc. Esta secuencia tradicional en galego facilita que os cultismos procedentes depalabras rematadas en -EUM, esdrúxulas ou graves, se acomoden en ''-eo''; téñase en conta que, en xeral, a todo –U latino lle corresponde en galego -''o'', e as palabras deste grupo non fan excepción: ''aéreo, arbóreo, arxénteo, áureo, cetáceo, ciclópeo, coetáneo, consanguíneo, contemporáneo, córneo, corpóreo, crustáceo, curvilíneo, cutáneo, erróneo, espontáneo, larínxeo, linóleo, marmóreo, mediterráneo, momentáneo, núcleo, óleo, óseo, pétreo, petróleo, purpúreo, rectilíneo, róseo, sanguíneo, terráqueo, térreo, venéreo, violáceo, vítreo; apoxeo, arameo, ateo, camafeo, corifeo, europeo, fariseo, filisteo, hebreo, himeneo, liceo, mausoleo, museo, peritoneo, pigmeo, plebeo, reo,trofeo, xacobeo''. Tamén os galicismos ou catalanismos ''fideo'' e m''anteo''.
 
Rematan en -''eu'' as seguintes palabras patrimoniais: ''eu, meu, teu, seu, chapeu, romeu, sandeu'' (fem. ''sandía''), ''xubileu, xudeu'' (fem. ''xudía''). Tamén ten estaterminación a voz ''leu'' (pl. ''lei'') "unidade monetaria de Romanía".
 
Rematan en -''ao'': ''arao, cacao, callao, grao, nicolao, pardao, peirao, pronao, tao, vao''.
Liña 68:
Rematan en –''au'': ''bacallau'' e ''pau''.
 
== -''ea'' ==
 
O feminino correspondente ás palabras rematadas en -''eo'', tónico ou átono, é -''ea'': ''allea, chea, fea; aérea, arbórea, arxéntea; atea, europea, hebrea, rea''. Esta mesma terminación figura en substantivos femininos, de orixe popular ou culta: ''aldea, avea, azotea, balea, cadea, candea, cea, correa, diarrea, idea, lamprea, manchea, melopea, morea, panacea, prea, rea, serea, tea, urea, vea, verborrea''. Tamén nos galicismos: ''cheminea, librea, marea,platea, polea, ralea''.
 
== -''oa'' ==
 
O galego coñece unha terminación -''oa'', pronunciada ['oa] ou ['ɔa] segundo a súa procedencia (''boa, lagoa; avoa, filloa''). Mentres que no caso de ''boa, lagoa'' se manteñen sempre as dúas vogais en todo o territorio galego, en ''avoa, filloa'', etc. prodúcese redución a [‘ɔ] en zonas da Galicia sudoccidental (''avó, filló'', etc.). Mesmo nestes casos debe ser escollida a solución tradicional e absolutamente maioritaria -''oa'' (''avoa, filloa, moa, soa'' -e ''soamente''-, ''teiroa'', etc.).
 
== -''us, -um, -''o ==
 
Hai algunhas palabras que escapan á regra xeral de acomodación de cultismos e manteñen as terminacións latinas -US, -UM: ''campus, corpus, humus, ómnibus, Venus, virus; álbum, factótum; médium, presídium, parabéllum, súmmum, contínuum, cinefórum, quórum, desiderátum''. En xeral son palabras que aínda se senten como non plenamente incorporadas ao idioma.
 
Escríbense con -''o'' as voces ''currículo, espírito, ímpeto, memorando, referendo'' e ''tribo''.
Liña 84:
== -''iño/-iña'' e -''ino/-ina'' ==
 
Nas palabras patrimoniais a terminación latina -INUM/-INAM deu en galego -''iño/-iña'', que é tamén a forma típica do diminutivo. Así: ''andoriña, campiña, casiña,campesiño, comiño, mariña, mariño, menciña,pequeniño, pergamiño, veciño'', etc. Remata tamén en -''iño'' o arabismo ''mesquiño''.
 
Os préstamos, latinos ou non, adoptan a terminación -''ino/-ina'': ''albino, anilina, anxina, aquilino, asasino, aspirina, bencina, bizantino, bobina, bovino, brillantina, buguina, canino, cantina, capuchino, carabina, cartolina, casino, clandestino, cocaína, codeína, coralino, cortina, cristalino, destino, disciplina, divino, doutrina,ensino, escarlatina, esquina, estricnina, estudantina, felino, feminino, gabardina, gasolina, glicerina, granadino, guillotina, heroína, interino, intestino, ladino, latino, mandolina, margarina, masculino, matutino, medicina, morfina, muselina, nicotina, nitroglicerina, oficina,ondina, palatino, parafina, penicilina, peregrino, piscina, plastilina, porcino, propina, proteína, rabino, repentino, resina, retina, ruína, sacarina, sibilino,sonatina, supino, taurino, toxina, turbina, ultramarino, vaselina, vespertino, vitamina, vitrina, xacobino, xelatina, xenuíno''...
 
== -''e'' ==
 
Rematan en -''e'' as palabras patrimoniais procedentes de étimos latinos en -INEM (''home, virxe, orde, imaxe, chantaxe'' 'planta', ''feluxe''); os continuadores dos neutros en –MEN (''crime, exame, lume, costume'', etc.), e os galicismos en -''axe'' (''chantaxe'' 'extorsión'), ''homenaxe'', ''liñaxe'', ''viaxe'', etc.
 
De maneira análoga, adóptanse tamén sen nasal final os cultismos: ''abdome, ditame, exame, nume, réxime, vexame, xerme''... Deben mesmo escribirse sen -''n'' as palabras'' glute, lique, pole, seme'', pois non hai razón filolóxica ningunha para separalas das anteriores. Exceptúanse ''lumen'' (unidade da física do sistema internacional) e o celtismo ''dolmen''.
 
== Masc. -''án'' / fem. -''á'', masc. -''ano'' / fem. -''ana'' ==
 
Nas palabras populares, a terminación latina -ANUM presenta tressolucións distintas no dominio lingüístico galego: -''ao/-án/-á'' (''irmao / irmán / irmá''). En troques, a correspondente forma feminina -ANAM só ten dous resultados: -''á/-án'' (''irmá / irmán'').
 
Estas formas pódense atopar na fala con distintas combinacións, pero desde o séc. XIX os escritores veñen mostrando unha preferencia polo seguinte esquema, hoxe unanimemente aceptado na lingua escrita:
Liña 109:
|}
 
Así, en ''alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; comarcán, comarcá; concidadán, concidadá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran, gra; insán, insá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán,malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán,nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; san, sa; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá''.
 
Este é un dos sufixos produtivos con que conta o galego para aformación de xentilicios. Seguen este modelo ''afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá'', e, especialmente, os referidos a entidades de poboación galegas: ''aresán, aresá; arousán, arousá; arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; carnotán, carnotá; compostelán, compostelá; ferrolán, ferrolá; fisterrán, fisterrá; mariñán, mariñá; muradán, muradá; muxián, muxiá; ourensán, ourensá; ponteareán, ponteareá; pontecaldelán, pontecaldelá; redondelán, redondelá; ribeirán, ribeirá; salnesán, salnesá; ullán, ullá; vilagarcián, vilagarciá''.
 
Algúns xentilicios galegos poden conservar a súa forma local –''ao'' / -''á'': ''arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); dezao, dezá; lancarao, lancará; limiao, limiá; mariñao, mariñá'' (da Mariña luguesa); ''masidao, masidá; meirao, meirá; melidao, melidá; ribeirao, ribeirá'' (do Ribeiro), etc. Pola mesma razón, admitirase tamén a forma feminina local –''án'' en casos como ''unha carnotán'', ''unha fisterrán, unha muradán'', etc.
 
Nas palabras cultas incorporadas con posterioridade á época en que deixou de operar a lei da caída do -''n''- intervocálico, a terminación latina -ANUM, -ANAM foi adaptada sen alterar, conforme á norma xeral de acomodación de cultismos. Levan esta terminación –''ano'' (fem. -''ana''): ''africano, americano, anglicano, arcano, artesiano, asturiano, australiano, bacteriano, boliviano, colombiano, cubano, decano, diluviano, franciscano, fulano, gregoriano, hispano, humano, inhumano, italiano, lusitano, luterano, mahometano, meridiano, metropolitano, miliciano, mundano, oufano, paisano, peruano, pondaliano, profano, provinciano, puritano, republicano, romano, rosaliano, semana, soberano, tirano, transmontano, ultramontano, urbano, valenciano, veterano, vexetariano, xermano'', etc.
 
Como xa foi indicado (cf. 9.13), cando esta terminación latina era átona, a evolución en palabras patrimoniais foi diferente e o resultado final en galego é -''o/-a'': ''Estevo, orfo / orfa, orgo, ourego, ravo'' (planta), ''saba''. Relacionadas con estas, aínda que doutra orixe, están as terminacións en -''o'' de ''Cristovo'' e ''soto''.
 
As palabras cultas conservan o sufixo latino sen alterar; isto afecta tamén a palabras que teñen esta terminación aínda que a súa orixe non sexa latina. Así, ''bibliómano, bímano, cleptómano, cocainómano, diáfano, ébano, melómano, mitómano, morfinómano, órgano, pínfano, plátano, tétano, tímpano''.
Liña 123:
== Masc. -''án / fem.-ana'' ==
 
A terminación –''án / -ana'' aparece nunha serie de nomes, substantivos e adxectivos, que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos: ''balandrán, balandrana; baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán, barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán, buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana; cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán, cagana; canelán, canelana; cangallán,cangallana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; carneirán,carneirana; carroulán, carroulana; chalán, chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán,farfallana; folán, folana; folgazán, folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán, palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán,pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana; zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana''.
 
== Masc. -''ón /fem. -oa, -ona'' ==
 
Forman o feminino en -''oa'' unha serie de adxectivos e substantivos en que –''ón'' non pode analizarse como sufixo: ''anfitrión, anfitrioa; bretón, bretoa; campión, campioa; ladrón, ladroa'' (que tamén ten un feminino ''ladra''); ''león, leoa; patrón, patroa; saxón, saxoa; teutón, teutoa''. Rematan en –''ón / -ona'' as palabras en que esta terminación é un sufixo aumentativo ou deverbal pexorativo: ''homón, mullerona, zapatón, casona; abusón, abusona; acusón, acusona; faltón, faltona; preguntón, preguntona'', etc.
 
Existe ademais un grupo de palabras cultas coa terminación -''on'' átona: ''canon, colon, corion, décathlon, épsilon, ípsilon, micron, epíploon, cripton, isquion, necton, neon, newton, ómicron, párkinson, radon, taxon, telson''. O anglicismo ''nylon'' adáptase ao galego como ''nailon''.
 
== ''-de'' ==
 
A terminación latina vogal + TEM resólvese en galego, tanto en palabras cultas coma populares, en -''de'': ''almude, alude, ataúde, calamidade, céspede, hóspede, laúde, parede, rede, saúde, sede, soidade, verdade, virtude'', etc.
 
== -''dade, -tade'' ==
 
O sufixo latino -TATEM resolveuse en –''tade'' en posición posconsonántica (''maxestade, potestade, tempestade, vontade'') e en –dade en posición posvocálica (''enfermidade, novidade, puridade, realidade''). Ás veces unha síncope vocálica antiga provocou que ''–dade'' poida aparecer en posición posconsonántica (BONITATEM > ''bondade'', CRUDELITATEM > ''crueldade'', HEREDITATEM > ''herdade'', LEGALITATEM > ''lealdade'', MORTALITATEM > ''mortaldade'', TRINITATEM > ''trindade'', VERITATEM > ''verdade'', VIRGINITATEM > ''virxindade'', etc.). A partir destas formas –''dade'' estendeuse a bases non sincopadas rematadas enconsoante líquida ([r]: ''liberdade, puberdade''.
 
== -''dade /-edade / -idade'' ==
 
No galego actual, -''dade'' presenta tres alomorfos: -''dade'', -''edade'' e ''–idade''. O primeiro aparece só nunha relación pechada de palabras populares que sufriron, segundo se indicou en 9.18, a síncope da vogal precedente (''verdade, herdade, bondade, trindade'', etc.). As outras dúas variantes, as únicas produtivas no galego actual, presentan distribución complementaria e aparecen en palabras introducidas por vía culta e en derivados romances: -''edade'' combínase con bases adxectivas en –''io'' (''notoriedade, solidariedade, variedade''...) e ''–idade'' nos casos restantes (''capacidade, probabilidade, soidade, novidade''...). As únicas excepcións a esta regra son ''necidade'' e ''sucidade''.
 
== -''aría /-ería'' ==