Diferenzas entre revisións de «Normativa oficial do galego - Sufixos e terminacións»

m
Arranxos varios
m (Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética)
m (Arranxos varios)
== -''e'' ==
 
Rematan en -''e'' as palabras patrimoniais procedentes de étimos latinos en -INEM (''home, virxe, orde, imaxe, chantaxe'' 'planta', ''feluxe''); os continuadores dos neutros en –MEN (''crime, exame, lume, costume'' etc.), e os galicismos en -''axe'' (''chantaxe'' 'extorsión'), ''homenaxe'', ''liñaxe'', ''viaxe'' etc.
 
De maneira análoga, adóptanse tamén sen nasal final os cultismos: ''abdome, ditame, exame, nume, réxime, vexame, xerme''... Deben mesmo escribirse sen -''n'' as palabras'' glute, lique, pole, seme'', pois non hai razón filolóxica ningunha para separalas das anteriores. Exceptúanse ''lumen'' (unidade da física do sistema internacional) e o celtismo ''dolmen''.
== Masc. -''án / fem.-ana'' ==
 
A terminación –''án / -ana'' aparece nunha serie de nomes, substantivos e adxectivos, que xeralmente actúan como caracterizadores pexorativos: ''balandrán, balandrana; baleigán, baleigana; barbuzán, barbuzana; barrigán, barrigana; barullán, barullana; bocalán, bocalana; brután, brutana; buleirán, buleirana; burrán, burrana; burricán, burricana; cabezán, cabezana; cachamoulán, cachamoulana; cachán, cachana; cacholán, cacholana; cagán, cagana; canelán, canelana; cangallán,cangallana; carallán, carallana; carcamán, carcamana; carneirán,carneirana; carroulán, carroulana; chalán, chalana; charlatán, charlatana; cornelán, cornelana; farfallán,farfallana; folán, folana; folgazán, folgazana; galbán, galbana; guedellán, guedellana; lacazán, lacazana; langrán, langrana; larpán, larpana; leilán, leilana; lerchán, lerchana; lorán, lorana; lordán, lordana; loubán, loubana; mentirán, mentirana; orellán, orellana; paduán, paduana; pailán, pailana; palafustrán, palafustrana; papán, papana; parvallán, parvallana; paspán, paspana; pastrán, pastrana; pelandrán,pelandrana; pertegán, pertegana; pillabán, pillabana; porcallán, porcallana; ruán, ruana; tangueleirán, tangueleirana; testalán, testalana; testán, testana; toleirán, toleirana; vergallán, vergallana; zalapastrán, zalapastrana; zampallán, zampallana''.
 
== Masc. -''ón /fem. -oa, -ona'' ==
68

edicións