Normativa oficial do galego - Outras particularidades: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 32:
O galego mantén diferenciados os ditongos ''ou'' e ''oi'', de acordo coas súas diferentes orixes: ''ou'' < AU, AL + cons., etc. (''cousa, louro, ouro, pouco, tesouro, touro; couce,fouce, outro, souto; dous''), ''oi'' < OCT, UCT,U*LT, ORI + vogal, URI + vogal (''oito, noite; troita, loita; moito, voitre; coiro, lavadoiro, tesoira, vasoira; agoiro'', etc. vide 10.2).
 
== Ditongos ''ie, ue'' ==
 
As secuencias latinas -IE- e -UE- en palabras cultas mantéñense en galego como ''ie'' e ''ue'', respectivamente: aliciente, ambiente, ciencia, cliente, coeficiente, conciencia, conveniencia, conveniente, deficiencia, deficiente, eficiencia, eficiente,estupefaciente, expediente, experiencia, incipiente, inconveniente, obediencia, obediente, omnisciencia, paciencia, sapiencia, sobresaliente, suficiente,etc.; afluencia, afluente, anuencia, anuente, congruencia, congruente,delincuencia, delincuente, elocuencia, elocuente, secuela, secuestro,etc. (cf. 9.1 e 9.3).
 
== Disimilación, metátese e epéntese de ''r'' ==
 
O ''r'' mantén, en xeral, a súa posición etimolóxica dentro da palabra, independentemente das síncopes vocálicas: ''prado'' (< PRATUM), ''cabra'' (< CAPRAM), ''disfrazar, labrar'' (< LABORARE), ''Carlos'' (< CAROLUS), ''merla'' (< MERULAM), ''tenro'' (< TENERUM), ''xenro'' (< GENERUM), ''venres'' (< VENERIS). Hai, con todo, casos de metáteses xa consumadas: ''bradar'' (< BALATRARE), ''prebe'' (< PIPER), ''preguiza'' (< PIGRITIAM), ''burgo'' (< BRUCHUM).
Liña 44:
Esporadicamente algunhas palabras perderon o ''r'' interno por disimilación con outro ''r'' dentro da mesma palabra (''arado,frade, madrasta, padrasto, rodo'', e mesmo o semicultismo ''propio'', do lat. PROPRIUM, e derivados, documentado maioritariamente sen o segundo ''r'' xa naépoca medieval). Fronte a estes casos de perda por disimilación, en xeral houbo unha tendencia á conservación da consoante, e por iso temos hoxe ''arrastrar, rastro, rexistrar, rexistro, rostro'', etc.
 
== Encontros vocálicos. ==
 
Na lingua escrita do século XIX e da primeira metade do século XX era frecuente o uso do apóstrofo para representer certas elisións vogálicas que se producen ao se encontraren a vogal final dunha palabra e a inicial de seguinte, cando pertencen ao mesmo grupo fónico. Na ortografía actual non se utiliza o apóstrofo, e nos casos de elisión optouse ou ben pola amálgama das súas palabras (''do'', ''no'', ''deste'', ''naquel''...) ou ben pola grafía plena de cada unha delas (''entre as árbores''). Aínda que non se represente graficamente este fenómeno, as palabras que acaban en ''–e'', especialmente as gramaticais, perden na fala a vogal final cando van seguidas doutra palabra que comeza por vogal (vid. 6):