Normativa oficial do galego - Formación do feminino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Estandarizando interwiki
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 16:
O único nome rematado en ''-én'' susceptible de moción xenérica é invariable: ''un refén americano / unha refén americana''.
 
== Nomes rematados en vogal ou ditongo tónicos ==
 
Os substantivos rematados en vogal tónica tenden a engadir ''-a'', entanto que os adxectivos tenden a ser invariables: ''un avó somalí/ unha avoa somalí''. Con todo, algúns substantivos son invariables: ''unha chimpancé adulta''; entre os adxectivos, ''nu, cru'' e ''recrú'', ''só'' e ''mao'' "ruín" forman os femininos ''núa'', ''crúa'' e ''recrúa, soa'' e ''má'': ''o peixe cru / a carne crúa, un só día / unha casa soa, oollo mao / unha má ocasión''.
Liña 26:
Os xentilicios rematados en -''és'' presentan un feminino en ''-esa'': ''cambadés / cambadesa, chinés / chinesa, noruegués /norueguesa, portugués / portuguesa, romanés / romanesa''. O mesmo ocorre con outros adxectivos, coma ''burgués / burguesa, camoés / camoesa,canchés / canchesa, montés / montesa e palmés / palmesa''; algúns, en troques, son invariables: ''estilo cortés / mirada cortés''.
 
== Formacións especiais ==
 
Algunhas palabras de xénero feminino presentan terminacións especiais, sobre a mesma base léxica: ''heroe / heroína, tsar /tsarina; galo / galiña; rei / raíña; abade / abadesa; barón / baronesa; príncipe / princesa; sacerdote / sacerdotisa, profeta / profetisa, poeta / poetisa; emperador /emperatriz; actor / actriz'', etc.