Normativa oficial do galego - Formación do feminino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 4:
O feminino dos substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación ''-a'', que se une directamente á forma do masculino se esta remata en consoante ou vogal tónica (''deus / deusa, rapaz / rapaza, avó / avoa, cru / crúa'') ou substitúe a vogal final da forma do masculino se remata en vogal átona (''sobriño / sobriña, presidente / presidenta''). Con todo, hai algúns casos especiais.
 
== Nomes rematados en ''-n'' ==
 
Os substantivos e adxectivos rematados en -''án'' (< ANUM) forman o feminino en ''-á'', segundo o establecido en 8.14: ''ancián / anciá, temperán / temperá''; en troques, os caracterizadores despectivos rematados en ''-án'' fórmano en -''ana'', conforme ao dito en 9.15: ''folgazán / folgazana, mentirán / mentirana''.
Liña 22:
Presentan características morfolóxicas especiais ''grou /grúa, xudeu / xudía'' e ''sandeu / sandía''.
 
== Nomes rematados en ''-és'' ==
 
Os xentilicios rematados en -''és'' presentan un feminino en ''-esa'': ''cambadés / cambadesa, chinés / chinesa, noruegués /norueguesa, portugués / portuguesa, romanés / romanesa''. O mesmo ocorre con outros adxectivos, coma ''burgués / burguesa, camoés / camoesa,canchés / canchesa, montés / montesa e palmés / palmesa''; algúns, en troques, son invariables: ''estilo cortés / mirada cortés''.