Normativa oficial do galego - Pronomes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 85:
Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe directamente o pronome: ''De eles chegaren en tempo, imos xuntos''.
 
=== Serie átona. ===
 
 
Liña 347:
O indefinido ''un(s), unha(s)'', cando actúa como adxectivo, presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado (vide 14.2.2): ''falounos duns problemas que non demos entendido; casou cun de Sarria''. Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións ''de'' e ''en'', dando lugar ás formas ''dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s)'': ''están sempre a falar mal dun; a resposta hai que buscala nun mesmo''; por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición ''con'': ''tanto se comprometía con un coma con outro; cada domingo ía ao cine con unha, nunca o viamos coa mesma rapaza''.
 
== Relativos, interrogativos e exclamativos ==
 
Para o relativo e interrogativo ou exclamativo o galego ten catro formas: dúas sen variación de xénero e número, ''que'' e ''quen''; outra que admite morfema de plural, ''cal'' (pl. ''cales''); e outra que pode ter morfemas de xénero e número, ''canto (canta,cantos, cantas)''. Existe ademais un relativo posesivo ''cuxo'', que presenta flexión de xénero e número (''cuxa, cuxos, cuxas'').