Normativa oficial do galego - Verbo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 220:
Cando a forma verbal remata en -''n'' estas variantes convertéronse en ''no, na, nos, nas'', e a secuencia ''nn'' simplificouse: ''comeron las'' > ''coméronnas'' > ''coméronas'' (cf. 14.1.1).
 
=== Verbos en ''-cer'' e ''-cir'' ===
 
Os verbos en -''cer'' (menos ''facer'' e derivados) e en ''-cir'' (menos ''dicir'' e derivados) son completamente regulares (a menos que teñan algunha das alternancias vocálicas de que se falará máis adiante en 17.2.5). Por exemplo:
Liña 374:
===Verbos con radical acabada en vogal===
 
==== Verbos acabados en -ear, -oar. ====
 
Son completamente regulares:
Liña 504:
|}
 
==== Verbos acabados en ''-iar, -uar'' ====
 
Entre os acabados en ''-iar, -uar'', aínda que regulares sempre,cómpre distinguir: a) aqueles en que ''ia, io, ie ou ua, uo, ue'' son sempre ditongo (''cambio, cambia, cambie; minguo, mingua, mingüe)'', e b) os que teñen aquelas secuencias conservadas como hiato (''afío, afía,afíe'', e mesmo ''a-fi-ar'', ou ''acentúo, acentúa,acentúe'').
Liña 576:
Os do tipo b) son menos abundantes; correspóndense case sempre cos substantivos en ''-ío, -ía'': ''adiar, agoniar, arrefriar,asubiar, aviar, chiar, confiar, espiar, fiar, guiar, liar, miar,variar, vixiar'', xunto con outros membros das mesmas familias léxicas (''desconfiar,porfiar, desafiar'', etc.) (cf. os substantivos ''día, agonía,frío, asubío, avío, chío, espía, fío, guía, vixía'',etc.). Conxúganse tamén conforme este modelo ''ansiar'' e ''paliar''.
 
==== Verbos acabados en -aer,-oer, -aír, -oír. ====
 
''Caer'' (''decaer, recaer''),'' choer, doer'' (''condoer''), ''moer'' (''remoer''), ''proer, roer'' (''corroer''), ''oír'' (''desoír, entreoír''), ''saír'' (''sobresaír''), os derivados de ''traer'' (''atraer, distraer''...), etc., son regulares, pero intercalan un -''i''- sen valor morfolóxico entre a raíz e a desinencia, cando esta empeza por ''o'' ou por ''a''.
Liña 883:
===Alternancias vocálicas no radical do verbo===
 
==== Verbos en -er ====
 
Os verbos en -''er'' que teñen ''-e''-, ''-o''- como últimas vogais do lexema presentan unha alternancia [‘ɛ]/[‘e], [‘ɔ]/[‘o], cando son tónicas, segundo a seguinte distribución: [‘ɛ], [‘ɔ] na 2ª e 3ª persoas de singular e na 3ª de plural do presente de indicativo; [‘e], [‘o] no resto. En posición átona son sempre pechadas.
Liña 957:
Esta alternancia non ten repercusións gráficas. Unicamente as pode ter cando, por razóns de clareza, queiramos diferenciar parellas homógrafas: ''(el) cóme / come (ti)''. Neste caso acentuarase graficamente a palabra en que apareza a vogal aberta.
 
==== Alternancias vocálicas nos verbos en -ir ====
 
A maioría dos verbos da terceira conxugación manteñen inalterada a última vogal do radical ao longo de todo o paradigma. Ocorre isto, sen excepción ningunha, cando é ''a'' (p''artir, invadir, sobresaír, persuadir'', etc.) ou cando é ''i'' (''finxir, incidir, dividir, transmitir, vivir, corrixir'', etc.). Para o modelo de paradigma véxase ''partir'' en 17.1.