Cantares gallegos/Un repoludo gaiteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Encabezar |nome=Cantares gallegos |autor=Rosalía de Castro |dataano=1863 }}

{{Paxinación|Cantares gallegos/|Cantares gallegos/}} Cate..."

Sen resumo de edición
Liña 8:

7.

Un repoludo gaiteiro,

de pano sedán vestido,

como un príncipe cumprido,

cariñoso e falangueiro,

antre os mozos o pirmeiro

e nas siudades sin par,

tiña costume en cantar

aló pola mañanciña:

- Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de engañar.

Sempre pola vila entraba

con aquél de señorío;

sempre con poxante brío

co tambor se acompasaba;

e si na gaita sopraba,

era tan dose soprar,

que ben fixera en cantar

aló pola mañanciña:

- Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de engañar.

Todas por el reloucaban,

todas por el se morrían;

si o tiñan cerca, sorrian;

si o tiñan lonxe, choraban.

¡Mal pecado! Non coidaban

que c'aquel seu frolear

tiña eostume en cantar

aló pola mañanciña:

- Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de engañar.

Camiño da romería,

debaixo dunha figueira,

¡cánta meniña solteira

\Quérote, lle repetía...!

I el ca gaita respondía

por a todas emboucar,

pois ben fixera en cantar

aló pola mañanciña :

- Con esta miña gaitiña

ás nenas hei de engañar.

Elas louquiñas bailaban

e por xunta del corrían

cegas..., cegas, que non vían

as espiñas que as cercaban;

probes palomas, buscaban

a luz que as iba queimar,

pois que el soupera cantar

aló pola mañanciña:

ó son da miña gaitiña

ás nenas hei de engañar.

Nas festas ¡cánto contento!

¡Cánta risa nas fiadas!

Todas, todas, namoradas,

déranlle o seu pensamento.

I el que, de amores sedento,

quixo a todas engañar,

cando as veu dimpóis chorar,

cantaba nas mañanciñas:

- Non sean elas toliñas:

non veñan ó meu tocar.