Cantares gallegos/Eu cantar, cantar, cantei: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{Encabezar |nome=Cantares gallegos |autor=Rosalía de Castro |dataano=1863 }} <div class=prose> <poem> :::::<big>''''''</big> </poem> </div> {{Paxinación|Cantar..."
 
Sen resumo de edición
 
Liña 9:
 
 
:::::<big>'''31.'''</big>
 
 
 
''Eu cantar, cantar, cantei,''
''A grasia non era moita,''
Que nunca, (delo me pesa)
Fun eu meniña grasiosa.
Cantei como mal sabía
Dándolle reviravoltas,
Cal fán aquês que non saben
Direitamente un-ha cousa.
Pero dempois paseniño,
Y un pouco mais alto agora
Fun votando as miñas cántigas
Como quen non quer á cousa.
Eu ben quixera, é verdade,
Que mais boniteiras foran,
Eu ben quixera que nelas
Bailase ó sol c'as palomas
As brandas auguas c' á luz
Y os aires mainos c' as rosas.
Que nelas craras se visen
A espuma d' as verdes ondas,
Do ceu as brancas estrelas
Da terr' as prantas hermosas.
As niebras de cor sombriso
Qu' aló nas montañas volan,
Os berros do triste moucho
As campaniñas que dobran,
A primadera que rie
Y os paxariños que voan,
Canta que te canta, mentras
Os coraçons tristes choran.
Esto e inda mais, eu quixera
Desir con lengua grasiosa;
Mas donde á grasia me falta
O sentimento me sobra,
Anqu' este tampouco abasta
Para espricar certas cousas,
Qu' á veces por fora un canta
Mentras que por dentro un chora
Non me espriquei cal quixera
Pois son de espricansa pouca;
Si grasia en cantar non teño
O amor da pátria m' afoga.
''Eu cantar, cantar, cantei,''
''A grasia non era moita,''
¡Mais que faser desdichada
Si non nacin mais grasiosa!