Cantares gallegos/Non che digo nada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
 
:::::<big>'''19.'''</big>
 
 
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
 
l.
 
Pasan n' aquesta vida
Cousiñas tan estrañas,
Tan raros feitos vense
Neste mundo de trampa,
Tantos milagres vellos
Tan novas insinanzas,
E tan reboltos alIos
Con nome d' ensaladas,
''Que non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Meniña, ven vestida,
Meniña, ven calzada,
Que ten roupa de cote,
Que ten roupa de garda,
Meniña que ben folga,
Meniña qu' anda maja,
Y é probe, malpecado,
Com' un-ha triste araña.
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Véxote aló antr' os millos,
Véxote aló nas brañas,
Xa no pinar espeso,
Xa na beiriña mansa
Do rio que correndo
Vay antr' as verdes canas,
E xuras qu' estás soya,
Que naide t' acompaña...
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Casada casadiña,
Que gustas ser falada,
Que bailas c' as solteiras
Nás festas e ruadas
Que tes ná boca á risa
E que c' os ollos falas,
E que á ó falar con eles
Parece que che saltan,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Cando mirar te miro
Tan limpa e tan peinada,
Loitar c' os rapaciños,
Hastra qu' enti se fartan,
E ves dimpois xurando,
Qu' eres muller sin chata,
E dís qu' ás mais non teñen
Contigo comparanza,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
E ti, roxa roxiña,
Modesta e recatada,
Çue falas tan mainiño,
Que tan mainiño andas,
Qu' os pes d' os homes miras
Para non verlle á cara,
E fás que non entendes
Cando d' amor che falan.
''Non che digo nada...''
''Pero vaya.''
 
Vas pó la mañanciña
A misa c' as beatas
Dempois... (por qué, ti ó sabes)
De xunta d' elas largas;
E si ná corredoira
Xunto da verde parra,
Non sey con que xentiña
Páraste ou non te paras,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
E ti rapas garrido
De tan melosas falas,
Tan majo de monteira,
Tan rico de polainas,
Tan fino de calzado
Como de mans fidalgas,
Cando me dís que gustas
De traballar na braña,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Ti falarás d' amores
Cousiñas ben faladas,
Ti loitarás c' as nenas
Como ningun loitara;
Ti beberás do mosto
Hastra quedar sin fala,
Pero, cós teus sudores
Mollar á terra ingrata,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Mais tantas causas vexo
Que me parecen trampa,
Tanto sol entre nubes,
E tan revoltas auguas
Qu' asemellarse intentan,
A un-ha fontiña crara,
Que por non perder tempo
Donde non quito racha,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
 
II.
 
Pasan n' aquesta vida
Cousiñas tan estrañas,
Tan raros feitos vense
Neste mundo de trampa,
Tantos milagres vellos,
Tan novas insinanzas,
E tan revoltos allos
Con nome d' ensaladas
''Que non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
E qu' algo deprendera
Triste de min coidaba,
E qu' á esperencia neta
Ninguen m' iba en puxanza
Por ter na frent' enrugas,
E ter caniñas brancas,
Cando hay hoxe uns mociños
Mesmo dende que maman
''Que non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Xa non che val Farruco,
Que vivas en compaña
Dos anos pensadores
Nin da esperencia calva,
Nin qu' ollo alerta vivas
Com' á cordura manda
Que donde menos penses
Tamaña lebre salta
''Que non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Xa sendo noit' oscura,
Dinche qu' é noite crara,
Xa estand' ó mar sereno
Che din que fay borrasca,
E tanto te confunden
E tanto te acobardan
Qu' anque falar quixeras
Tal coma Dios che manda
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Si eres francés meu bello,
Si eres da lonxe Australia,
Si aló do sol baixaches
Ou dás estrelas palidas,
Con séria gravedade
Quisais che perguntaran
E tí pasmado todo,
Calado mormuraras:
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Por eso meu belliño
Si d' estudiar non tratas
A cencia d' estos tempos,
Qu' é com' el augua crara,
Anque c' á parromeira
Tamen ten comparanza,
Que nesto á cencia estriba,
Y en tér distintas caras,
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Sin entender un ele
Verás que ben s' amañan
Honrados e sin honra,
Rameiras e beatas
Verás como s' axuntan,
Verás como se tratan,
Mentras que ti marmuras
C' á lengua d' un-ha coarta
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Verás cór de sireixa
Quen foy cór d' esmeralda,
Y aqueles tan azues
Que sangre azul manaban,
Manar sangre bermella
Pó la moderna usanza,
Y esto con tal chistura
E con fachenda tanta,
''Que non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Verás que revolturas,
Que ricas contradanzas,
Que gaitas con salterio,
Que pífanos con arpas,
Que dengues encarnados
Con mantilliñas brancas
Chapurra que chapurra
En confusion tan varea
''Que non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Ti pensarás qu' aquesto
É tod' un-ha antroidada,
Qu' aqui un levita sobra
Y un-ha chaqueta falta;
Qu' alí se comen lebres
En vez de calabazas,
E tocan frautas donde
Deben tocar campanas...
''Mais non che digo nada...''
''Pero vaya!''
 
Deprende meu velliño
A cencia ben amada,
Que saibamente insina
Tan rica misturanza,
Si queres ser sabido
En cousas tan estrañas,
Pois antre tantas nobas
As costumiñas rancias...
''Non che digo nada...''
''Pero vaya!''