Do xornadario dun estudante: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{encabezar|nome=Deixa chegá-lo son (Con anacos do meu interior)|autor=Manuel Antonio|dataano=1920}} <div class="prose"><poem> Ista cidade un día solagouse nun fr..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 17 de maio de 2017 ás 21:58
Deixa chegá-lo son (Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
Ista cidade un día solagouse
nun fracaso que pra chorar orballa
e na brétema dunha
luz loito-marino
Dorme sonos antigos
que espalla
nos sentimentos
nos pensamentos
Faino
cun arrolo de canos fraternos
cinguidos dun espíritu monoforme
que os aconsella
na desluada noite informe.
Pousada e inconcreto disfrace de bohemia
Intimidade ispida
A luz acobardada
Un cano
preto
espalla unha pademia
A noite trasnoita mollada.
A leición de mañán:
Química
Logaritmo
Opinión encol dun prestixio noxento:
Mecanizar o ritmo
pra...
Orballa:
Espalla:
No sentimento...
A ollada
alleeira
pousándose nas liñas
Doemos unha coita
Pensamos máis alá
Alucinante
lírica chuvisca
ti adiviñas
o que me di o teu son cando me atopa so?
Unha opinión da Química:
H2O.
<<<< | >>>> |