Fatalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Fatalismo (Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> Pra que os pinos falasen unha dor ten o..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de maio de 2017 ás 22:06


Fatalismo (Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    Pra que os pinos falasen
    unha dor ten o vento
    Quen sabe o que dixeron
ó cruzarse co morto...!
    Pra que os pinos falasen
    unha dor ten o vento
    Quen sabe o que dixeron
    Foi pra non voltar máis
    polo camiño torto.

    As cruces dos camiños
teñen remordemento
    Foise a pousar un corvo
na cruz dun camiñante
    As cruces dos camiños
teñen remordemento
    Foise a pór un mascato
na cruz dun navegante.
    Hai camiños que van
e hai camiños que volven
    Agora non vai auga
na canle do muíño
    Hai camiños que van
e hai camiños que volven
    O neno
         está xogando
cun mundo pequeniño....
  



<<<< >>>>