Tamén: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Tamén(Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> A sombra dos tesouros foise coa luz do sol..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 17 de maio de 2017 ás 22:20
A sombra dos tesouros
foise coa luz do sol
O esceiticismo axeita un mol
recebir de suavidades
Polos mouros
contornos lonxaos de agardanza virxe
hai mans que nos chaman ó saudoso Ben:
Ven!
E no fracaso de onte
un hoxe eterno pon:
Tamén.
No campo da festa
can fiados orballos
Os carballos
Nostalxían de festa
No campo deserto
canto pésame a testa!
nostalxiando cos carballos
A sombra dos tesouros voltará
encoberta no ensoño do sol
Iste verde mollado ten un mol
prometer e agardará
A sombra dos tesouros
máis alá
A sombra dos tesouros
sempre alén
E no fracaso de hoxe
un eterno mañán porá: Tamén.
<<<< | >>>> |