O vento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=O vento(Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> O vento é voz de morto na noite recolleita..."
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 18 de maio de 2017 ás 13:23


O vento(Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    O vento é voz de morto
na noite recolleita
    
    O vento ven cheo de loito lonxán
    Polo camiño torto
    van batendo coas trebas
uns pasos estranos

    Si hai luces no cruceiro remordente
    rezade polo mozo
que mataron fai tres anos

    Encol do monte de Ourense
    Vanse acendendo estreliñas
sinxelas e temerosas

    Teño a alma valdeira
    Deixa oubear a ise can
sentimentosidades soedosas

    A hora derradeira
    cando chegue
    virá talmentes como ista

    Quén matou ó suicida?
    Quén aforcou ó gato simbolista?
    Buscádeme unha hora que perdín
    Levo a alma valdeira
    estrangoada
               ou descomposta
    O vento ven de volta de botar
a un afogado na costa.


<<<< >>>>