As almas da noite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=As almas da noite(Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> As almas que levamos van de noite..."
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 18 de maio de 2017 ás 13:35


As almas da noite(Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    As almas que levamos
    van de noite e trasmigran

    Véñennos outras novas
                       de tono menor
    máis axeitabes e ben guiadas

    Imos coa auto cárrega
e axúdannos
    rexémo-la mellor.


    Xa coñecen as roitas
                        os descansos
e os paisaxes presintidos
    
    Acenden lámpadas nas nosas devocións
    E sonnos un fanal de vidros mansos


    E sabémo-lo seu leit-motiv
    Adiviñámo-las cando dialogan
    Queren suavizarse si presinten o agarimo

    Por compracernos
                    inda que solaguen
unha lonxá merancoría
                    xogan.

    Pola mañán
              vánsenos despedindo
anestesiándoos co seu arrecendo
    Quén pode unxir a súa pesadume?
    A nós déixannos durmindo.


<<<< >>>>