Xa vai chegar o qué...?: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{encabezar |nome=O vento(Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> Xa virá! A sorrisa nos beizos é inconscie..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 18 de maio de 2017 ás 13:50
O vento(Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
Xa virá!
A sorrisa nos beizos é inconsciente
E nos ollos a brancura do horizonte
O corazón latexa
unha armonía porvirista quente
Xa vai chegar!
O qué...?
Xa vai chegar!
Xa virá!
Pola testa engurrada
escorrega o peso das Eternidades
sondexar cos ollos no horizonte fuxitivo
I o son do corazón
bazado
morre no peito unha morte de soedades
Xa vai chegar!
O qué...?
Xa vai chegar!
Xa virá!
Outra hora perde a Vida
nas mans do Valdeiro
coma si fora vento
Loce no horizonte o loceiro de serán
como si aboiando viñese vindo lento
Xa vai chegar!
O qué...?
Xa vai chegar!
Xa virá!
Na loita dos días
hai unha Paz
ás veces
no horizonte
Corazón!
Latexa aquelas armonías
porque xa vai chegar!
O qué...?
Xa vai chegar!
<<<< | >>>> |