Liridade noctámbula: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Liridade noctámbula(Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> Eu vinte cidade convuls..." |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 18 de maio de 2017 ás 14:10
Liridade noctámbula(Con anacos do meu interior) Manuel Antonio 1920
Eu vinte
cidade convulsa
anestesiada unha noite:
chovía.
Espellaban
escorregando
as rúas
e o espanto das lúas
dos escaparates
a ringoleira de faroes que se ría
coma unha procesión de disparates.
Un paraugas noctámbulo
esquivábase
no anónimo da rúa transversal.
Un reloxe pasivo
espreguizábase
cunha voce estrana do Ben e do Mal.
O reutiliño rascaceos
até se convenceu da mansedume espritoal
do budista chover
e o hermetismo foi sentimentoso.
Dos carrís esquencidos do tranvía
non se sabe o desexo misterioso
no paralelo rego que fuxían
Foi unha ausolución
o rumoresco longo e bó da auga
da salvaxe soberba diaria
do mastodonte camión.
Eu vinte
cidade convulsa
anestesiada unha noite que choveu
Somellábaste menos allea
menos vulgarenta
e menos...
que sei Eu!
Suxerenza dos gatos
que fan do día unha vulgaridade
e de noite
nos ollos fogos-fatos
nas siloitas de excentricidade
e nos choros de gaita diluída
van sinfoniando a vida.
Eu vinte
cidade convulsa
anestesiada unha noite:
Chovía
no sedento da miña repulsa
e no sedento ermo do teu día.
<<<< | >>>> |