A vida...: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=A vida... (Con anacos do meu interior) |autor=Manuel Antonio |dataano=1920 }} <div class=prose><poem> O meu amor...! A Vida prostitu..."
 
(Sen diferenzas.)

Revisión actual feita o 18 de maio de 2017 ás 21:45


A vida... (Con anacos do meu interior)       Manuel Antonio       1920
 


    O meu amor...!
    A Vida
          prostituta e suicida
    beila na noite dun cabaret
    Todo iso mo contan as horas
    Pola rúa
            entrebada e ispida.

    O meu amor...!
    Onte rachei un verso
noctámbulo e descamiñado
    Anestesia que levo
    Todo iso mo contan as horas
    Eu vou sumerso.

    O meu amor...!
    A vida
          sin sabelo Ela
    xa vai amañándome e agarimándome
    Eu case a compadezo
    Todo iso mo contan as horas
    Alá vai unha estrela!

    O meu amor...!
    A Lúa metafórica
    caladamentes
             difúndese no ceo
    A fonte virxe da praza prateada
é aínda tan sonámbula e metódica.

    O meu amor...!
    Dispóis hei de morrer
    A Vida ha vir chorar cabo de min
    Xa lle perdoarei...

    Beila no cabaret endiamantado
    Na rúa entrebada
    un cantar de borracho a se alonxar
                      a se perder...


<<<< >>>>