Proezas de Galicia, explicadas baxo la conversación rústica de los dos compadres Chinto y Mingote: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 105:
Ch. O mesmo que si un Anxsel bolo dexsera, ¿è os cabalos?
Ming. Eses coma seus compañeiros, tamen lebaron ò mesmo camiño:
desque acabamos, collemosche todo, è poñemolos en carros para lebar ò rio.
Cando che estabamos celebrando esto, oimosche ùn-a bocina, ou trompeta;
bolbemos à cara ¡è vimos! tantos soldados que trahian nus paus ùn-as paomas
cos brazos abertos. Botamosche à fuxsir, para ò monte è eles tras nos; pero
no nos colleron, mas lebaron todos os bois è carros cargados, è puxseron lume
à casi todo ò Lugar. Nosoutros que andabamos como ò paxsaro de seca para
meca, logo que soupemos que se foran, bolbemos para ó Lugar, è bimos chegar
un amigo noso, que se xsuntou cun Frade que tiña corenta è nobe omes xsunta
Ourense, è contounos que abian feito tres descargas contra ò Exsercito de Sul,
è dempois que lle mataron us poucos dos seus ladrois, que asi lles chamo, è ei
de chamar, é se retiraron para outra parte ¿ti bes como brua un xsabalín cando
se be acosado dos càs? pois asi dice que che bruaba, è pateaba ese Sul, è que
falaba “Une Fraire con cinconte omi tenibii el atreviman de facer frent aun
exsercite vitorioso, como el de moa: esti seti farsa futre, è de afusilé tuti.” Pero
que burro è ome, coma si lle abian de pordiante, ninlle abian de ter medo.
Estubemosche, ome de Dios è Maria Santisima, nobe dias sin ber mais
gabachos, aunque tiñamos noticia, que en tal parte bulrraran as mulleres de
fulanos, que aculà puxseran fogo as casas, è lebaran ò gando, è as bestas,
matando tantos nenos, que ali afusilaron estes, è aquelles omes, é enfin todos
os dias oiamos campanas, que este foi ò albitrio que se tomou para que cando
biñesen fuxsise à xsente para ò monte. Un dia de madrugada bemos chegar
un Cabaleiro, que cuidamos que biña fuxsindo, como todos os dias chegaban
Frades, Cregos, Señoras, nenos &c., cando nos ben coa embaixsada de que no
nos fosemos do Lugar que chegaban Franceses, sin que fixsesen à ningun mal,
è que do contrario queimarian as casas !quen tal oyeu! amarramoscho,
fixsemoslle decir à confesion, è logo dimoslle pasaporte. O anoitecer
chegaronche outros vinte è dos diabros das colas, pedendo racions para os
compañeiros: meu compadre ò Xsuez foise à casa do tio Cristobo, è
dixsolle: “Ome teño na casa esta noite vinte è dos Dragós, non hay comodidad
para tantos, si me fixseras ò fabor de aloxsar na tua casa algus estimariacho,”
è dixsolle Cristobo ¿si ome, si, mandame os que queiras, aunque sean todos?
O Xsuez mandoulle catorce, admeteunos con moito agrado, doulles de cear ó
que quixseron, è tamen de beber, è eles loucos decian “ser bon Patron, ser bon
Patron.” ¿Pero non sabes ò que fixso Cristobo?
Ch ¿E que fixso?
Ming. Como nonche tiña na casa si non aquelo mas preciso, foise à
eira, trouxsoche para facerlles as camas toda à palla que tiña, è dempois que
estaban durmindo, pegouche fogo à palla, è él escapou deixsandos fechados.
El è verdad que quedou sin casa, pero botou de conta que si dempois lla abian
de queimar eles, tibo ò gusto de que ardesen nela. ¡Vallame Dios que
gusto todos tiñamos ò ber desde lexsos arder à casa, relinchar os facos, è gruñir
os diabrillos de dentro! O resultado foiche, que os catorce ficaron, é os oito da
casa do Xsuez tamen pereceron alà de noite, ¿queres creer que despois non beu
mais ningun à este Lugar anque pasaron por cerca? Pero tí pensarás que non
fixsemos mais nada (¡ò que te engañas!) Douchese en reunir à Paisanage
mandada por algus Cregos, è particulares, è ibamosche ò camiño real, eùs
poucos poñianse tal como daqui un quarto de legua, è si era pequeno numero
de Franceses deixsabamolos entrar, è os da diante empezaban ò fogo, è mentras
ibamos outros por detras, è empezabamos à gritar como nùn-a monteria,
rendibú, rendibú, è coma eles bian tanta xsente, tiraban de armas, è poñianse de
rodillas para que no nos matasemos; pero aunque foran os que foran todos nos
parecian nada à sede quelles tiñamos. Nùn-a ocasion entre eu è outro,
estubemos axsexsando para un Frances que biña solo polo camiño, anque atras
ò seguian moitos mais, obserbamos que mirou aùn-a parte è à outra, è que se
deitou, è nos fumonos agachadiños à rentes do balo, è saltamos dun golpe
sobre del, que cando quixso recordar xsa se encontrou sin fusil; amarramolo
ben, è subimolo à un cerro, è mentras que ò meu compañeiro ò escabechaba,
fun aber si biñan mais, òu que rumbo tomaban, cando oio ò meu
compañeiro, que me decia ¿Mingote, Mingote, cata aqui que dice este
demonio? bolbin ¡è que decia! estabache co as maus lebantadas<ref>No orixinal ''lebandas'', corrixido para ''lebantadas na fe de erratas.</ref> gritando “seti
Aleman, seti Aleman christianus,” es dentonces espriqueille ò meu compañeiro
que decia que era Aleman, è él dixsome ¿è que xsente è esa? respondille eu son
os compañeyros dos Fra[n]ceses que beñen à axsudalos; è salta ò meu
compañeiro, (baya que me dou ùn-a gana de rir) ¿esos son os que eu
busco? pois xsa que è Aleman que diga ò credo, que si fora Frances, nin astra
eso lle deixsaba, porque xsa estan condenados. Acabado esto notamos cos que
biñan atrás se dirixsiron ò Conbento de Tenorio, din recado os xsefes,
xsuntámonos, é fomonos alá, è collemoschos coma ò rato na rateira, porque
anque fixseron fogo, arroxsámonos con tal furia à eles, que nin un escapou.
Ch. ¿E donde tiñades as municions para todo eso?
Ming. Un-as sacabamolas os Franceses, è outras dabannolas nos Portos
de mar aquelas boas almas dos Ingreses, que Dios lles faga tanto ben como eles
nos fixseron. Dempois que dimos en reunirnos à catro mil omes, è mais, porque
ò mismo era oir á campana concurriamos coma as moscas ò mel, dimos na traza
de facer cañons ¿è sabes como? colliamosche un tronco de calquera arbol,
escababámoscho por dentro cò seu oido, logo poñiamoschelle ùn-as
abrazadeiras gordas de ferro, è desta sorte resistia hasta doce cañonazos. Cando
asi nos bimos, xsa nin à toda à Francia lle tiñamos medo. ¿Queres creer que tal
foi ò que cobraron os gabachos, que nin por Dios, nin por Xsudas querian subir
à montaña, nin pelear cos Brigantes, que asi nos chamaban à todos? pero con
todo eso que burros eran, cuidaban que seique no nos abiamos de ir abuscar
aunque non biñesen aqui; el è verdad que non se presentaban, pero ibamos nos
à seis, è oito leguas no seu encontro, è cando tiñan que pasar algun-a ponte ¿ali
era à de S. Quintin? porque se armaba ùn-a estraleria que nonche digo nada:
solo podo asegurarche, que se han de acordar das Pontes de Ledesma, Cesures,
Ulla, Bea è outras moitas, è en especial da de San Payo; pero ò noso mayor gusto
era cando sabiamos que tiñan as racions xsuntas para lebar os campamentos donde estaban, irllas à sacar ¿qué tomabamos ùn-as lupandas de mi
alma? è desde que quenciamos ¿à eles que son de Pavia? Ali pillabamos è
matabamos catro, acolá colliamoslles un carro de municions, aqui pescabamos
outros cinquenta, desorte que tan enfaenados andabamos que nin cuidabamos
de semente, nin de nada, sinon pescar è saquear Franceses. Có estas cousas
nonche podo ponderar ò medo garrafal que pillaron, porque nin dormian nas
casas sinon no monte, non pasaban por camiño algun, sinque aqueles
renequajos, que chaman Bultixsures non rondasen un quarto de legoa os lados,
pero ò cabo caian moitos, porque si ò tiro non era nùn-a parte, era noutra; pero
nosoutros mais ben nos tirabamos os Dragons que ò mismo era coller un que
aber disputas sobre quen lle abia de tirar mais polo rabo de besta quelles colgaba
na quelas que son coma as bacenicas dos Barbeiros.
Ch. Esos chamanse Morrions.
Ming. Non quero saber como se chaman, porque para min non teñen
mais nome que bacenicas. Pero antes de que eu checonte todo ò de S. Payo,
dime ti que biche è fixseches por alá.
|