Xan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Xan Xan vai a compoñer cestos, Xan vai a poda-las viñas, Xan vai a apañar-lo esterco, E leva o fol ó muíño, E trae o estrume ó cortello, E vai á misa cos nenos, E fai o le..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Xan
Xan vai a compoñer cestos,
 
Xan vai a poda-las viñas,
 
Xan vai a apañar-lo esterco,
 
E leva o fol ó muíño,
 
E trae o estrume ó cortello,
 
E vai á misa cos nenos,
 
E fai o leito e o caldo...
 
Xan, en fin, é un Xan compreto,
 
Desos que a cada muller
 
Lle conviña un polo menos.
 
Pero cando un busca un ''Xan'',
 
Casi sempre atopa un ''Pedro''.
 
Pepa, a fertunada Pepa,
 
Muller do Xan que sabemos,
 
Mentras seu home traballa,
 
Ela lava os pés no rego,
 
Cátalle as pulgas ó gato,
 
Peitea os longos cabelos,
 
Bótalles millo ás galiñas,
 
Murmura co irmán do crego,
 
Mira se hai ovos no niño,
 
Bota un ollo ós mazanceiros,
 
E lambe a nata do leite,
 
E si pode bota un neto
 
Ca comadre, que agachado
 
Traillo en baixo do mantel,
 
E cando Xan pola noite
 
Chega cansado e famento,
 
Ela xa o espera entre as mantas,
 
E ó velo entrar dille quedo:
 
- Por Dios non barulles moito,
 
Que me estou mesmo morrendo.
 
- ¿Pois que tes, ña mulleriña?
 
- ¿Que hei de ter?, deita eses nenos,
 
Que esta ''madre'' roe en min
 
Cal roe un can nun codelo,
 
I ó cabo ha de dar comigo
 
Nos terrós no simiterio...
 
- Pois, continua ña Pepa, toma un trago
 
De resolio que aquí teño,
 
E durme, ña mulleriña,
 
Mentras os meniños deito.