Ladraban contra min que camiñaba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Ladraban contra min, que camiñaba cásique sin alento, sin poder co meu fondo pensamento i a pezoña mortal que en min levaba. I a xente que topaba, ollándome a mantenta, do m..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Ladraban contra min, que camiñaba
 
cásique sin alento,
 
sin poder co meu fondo pensamento
 
i a pezoña mortal que en min levaba.
 
I a xente que topaba,
 
ollándome a mantenta,
 
do meu dor sin igual i a miña afrenta,
 
traidorase mofaban.
 
I eso que nada máis que a adiviñaba.
 
“si a souperan, ¡Dios mío!,
 
-pensei tembrando-, contra min volvera
 
a corrente do río.”
 
 
 
 
Buscando o abrigo dos máis altos muros,
 
nos camiños desertos,
 
ensangrentando os pes nos seixos duros,
 
fun chegando ó lugar dos meus cariños,
 
maxinando espantada: “Os meus meniños
 
¿Estarán xa espertos?
 
¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada,
 
chorosa, sin alento e ensangrentada,
 
darán en se afrixir, malpocadiños,
 
por súa nai malfadada!”
 
 
 
 
Pouco a pouco fun indo,
 
i as escaleiras con temor subindo,
 
co triste corazón sobresaltado.
 
¡Escoitei…! Nin as moscas rebullían.
 
No berce ind aos meus ánxeles dormían,
 
ca Virxe ó seu lado.