Diferenzas entre revisións de «Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre»

1. A Asemblea é convocada pola Xunta Directiva a través dunha convocatoria que debe incluír, como mínimo, a orde do día, o lugar, a data e a hora da reunión.
 
2. A convocatoria debe comunicarse polo menos con quince días de antelación. A comunicación farase de forma individual mediante un escrito ao correo electrónico ou ó enderezo postal que conste na relación actualizada de persoas asociadas que debe manexar a asociación, e tamén mediante a lista de distribución de correo electrónico á cal deben estar subscritos todos os membros.
 
3. As reunións da Asemblea Xeral estarán presididas polo presidente ou presidenta da asociación. Se non estivese presente, será substituído ou substituída, sucesivamente, polo tesoureiro ou tesoureira ou polo vogal de máis idade da Xunta. Actuará como secretario ou secretaria quen ocupe dito cargo na Xunta Directiva.
69

edicións