Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 177:
2. A convocatoria debe comunicarse polo menos con quince días de antelación. A comunicación farase de forma individual mediante un escrito ao correo electrónico que conste na relación actualizada de persoas asociadas que debe manexar a asociación.
 
3. As reunións da Asemblea Xeral estarán presididas polo presidente ou presidenta da asociación. Se non estivese presente, será substituído ou substituída, sucesivamente, polo tesoureiro ou tesoureira ou polo vogal de máis idade da Xunta. Actuará como secretario ou secretaria quen ocupe dito cargo na Xunta Directiva. PENDENTE
 
4. O secretario ou a secretaria redacta a acta de cada reunión, que debe asinar xunto co presidente ou presidenta, cun resumo das deliberacións, o texto dos acordos adoptados, o resultado numérico das votacións e a lista das persoas asistentes.