Conversa:Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 336:
* 10.2 separar??
* 10.10 calquera outro POR algún outro {{Sen sinatura|Sobreira| 20 de setembro de 2018 ás 13:10‎}}
 
== Nota de prensa código Cero ==
 
Nace A3Gal, Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e coñecemento libre
 
O pasado sábado 22 de setembro tivo lugar en Santiago a constitución da Amigas e Amigos da Galipedia e coñecemento libre (A3Gal). Un grupo de galipedistas reuniuse no centro sociocultural das Fontiñas para rematar o acordo sobre os fins, nome e demais puntos dos estatutos. A pesar de que na propia wikipedia os estatutos tratáronse longamente, a xuntanza prolongouse ata o remate da tarde tentando conseguir o mellor acordo posible.
 
As persoas reunidas, constituídas en comisión xestora ó asinar os papeis para a legalización, vense acompañadas de outras que non estiveron en Compostela pero que xa teñen participado na elaboración dos estatutos.
 
Como consta no preámbulo, a asociación é autónoma en relación a calquera outra entidade, e pretende ‘dar un apoio á actividade voluntaria, que os colaboradores galegofalantes realizan día a día no espazo Wikipedia e nos proxectos irmáns’, estendendo o seu apoio a todo o coñecemento libre en galego. Así, os fins son:
 
“1. Contribuír a que o saber e a cultura sexan accesibles para todas as persoas, a través da difusión directa de enciclopedias, libros, imaxes e outras compilacións de documentos que se presenten nun formato libre.
 
2. Difundir as obras que fosen liberadas polas persoas autoras destas con licenza libre, é dicir, cun formato libre e gratuíto, de tal xeito que en relación co seu contido, calquera persoa poida acceder, con liberdade para:
 
· Utilizar os contidos e desfrutar dos proveitos do seu uso.
 
· Estudar os contidos e aplicar os coñecementos que se deriven.
 
· Facer copias e volver redistribuílas.
 
· Modificar os contidos e facer unha nova distribución das obras derivadas.
 
Todo isto sen prexuízo de que as diversas persoas autoras sigan a ser propietarias das súas obras.
 
3. Converterse nun nodo máis deste intercambio de coñecementos universal, achegando contidos xerados pola nosa propia cultura, e en lingua galega.”
 
A asociación pretende espallarse e estar activa tanto na rede como de xeito presencial, continuando con actividades que o grupo inicial xa viña realizando como amigos con intereses comúns.
Volver á páxina "Estatutos da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre".