Conversa:O home que plantaba árbores: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Traducido dende versións en liña en francés e en inglés, a finais do século pasado por Agremon, coidoq eu debe ter dous avisos: 1. Aínda que é unha tra..."
 
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
2. Aínda que non pasaron 70 anos da morte do autor, a obra está libre para a súa reprodución pola súa autoriazación expresa, da que engadirei en breve aquí mesmo unha tradución.--[[Usuario:Agremon|Agremon]] ([[Conversa usuario:Agremon|conversa]]) 22 de decembro de 2018 ás 19:34 (UTC)
 
==Carta de Jean Giono onde aparece a cesión de dereitos==
 
Tradución da carta de Giono, de [[s:Translation:Giono letter to Digne official]]
 
Querido señor,
 
Sinto decepcionalo, pero Elzéard Bouffier é un personaxe inventado. O obxectivo era facer que as árbores gustasen ou máis exactamente, axudar a querer facer a plantación de árbores (que sempre foi unha das miñas ideas máis queridas). Así, se xulgo polo resultado, o obxectivo deste personaxe imaxinario foi conseguido. O texto que leu en ''Trees and Life'' foi traducido ao danés, finlandés, sueco, noruegués, inglés, alemán, ruso, checoslovaco, húngaro, español, italiano, yiddish e polaco. Dei libremente os meus dereitos para todas as reproducións. Un estadounidense chegou a verme últimamente para pedirme a autorización para producir 100 000 copias deste texto para distribución gratuíta nos Estados Unidos (que por suposto aceptei). A Universidade de Zagreb está realizando unha tradución en yugoslavio. É un dos meus textos do que estou o máis orgulloso. Non me da un céntimo e iso é porque logrou o fin co que foi escrito.
 
Querería coñecelo, se é posible para vostede, para falar precisamente sobre o uso práctico deste texto. Creo que é hora de que se faga unha "política da árbore", aínda que a palabra "política" parece moi mal adaptada.
 
De xeito cordial,
 
Jean Giono
--[[Usuario:Agremon|Agremon]] ([[Conversa usuario:Agremon|conversa]]) 22 de decembro de 2018 ás 19:54 (UTC)
Volver á páxina "O home que plantaba árbores".