Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Aviso|<big>'''Foi derrogada pola [[Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia]]'''</big>}}
Lei 4/1995, de 24 de maio
 
== Exposición de motivos (Lei derogada pola Lei 2/2006 de dereito civil de Galicia)==
'''Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia'''
 
== Exposición de motivos ==
O dereito civil de Galicia é unha creación xenuína do pobo galego. Como dereito regulador de relación entre suxeitos privados, xorde ó longo dos séculos na medida en que a súa necesidade se fai patente fronte a un dereito que, por ser común, negaba as nosas peculiaridades xurídicas emanadas do mais fondo sentir do noso pobo. É por iso un froito da realidade social e, como tal, cambiante ó longo do tempo, de xeito que mentres unhas institucións perden vixencia aparecen outras que tratan de acomodarse á nova situación. Esta tensión entre a realidade e a supervivencia de formas xurídicas que van sendo superadas foi dando, así mesmo, novo sentido a novas institucións, xa que poucas veces poderá atoparse unha relación funcional tan estreita entre esas necesidades que as institucións xurídicas tentan acadar e a realidades de cada momento histórico.