A parábola do depósito de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2020 ás 09:36


O mercado. Parábola do depósito da auga       Sun Tzu       1897
 


Había unha terra de certo moi seca, onde a xente tiña necesidade de auga a cotío. E non facían máis que procurar auga da mañá á noite, e moitos morrían porque non podían atopala. Había algúns homes nesa terra que eran máis hablenciosos e dilixentes que o resto, e eles fixeran tendas de auga onde outros non a atoparan. A eses homes chamáronos capitalistas. Chegou un momento no que a xente da terra foi canda os capitalistas e suplicoulles lles deran a auga que eles colleran para que poideran beber, pola súa grande necesidade. Pero os capitalistas contestáronlles dicindo:

"Vaites! Xente parva! Por que vos teriamos que dar a auga que recollimos, pois entón seríamos coma vos e morreríamos convosco. Pero mirade que faremos convosco. sede os nosos servintes, e teredes auga."

E a xente dixo, "Dádenos auga para beber, e seremos os vosos servintes, nós e os nosos fillos." E así se fixo.