A parábola do depósito de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Desemprego: fin apartado
Liña 39:
 
Pero os capitalistas responderon: ''"Non é así. A auga é nosa. Non beberedes dela se non a mercades con cartos."'' E confirmárono cun xuramento dicindo, ao seu xeito,''" O negocio é o negocio. "''
 
Pero os capitalistas estaban inquedos de que a xente non mercara máis auga, polo que non tiñan máis ganancias, e falaron entre si dicindo, "Asemella que os nosos beneficios teñen parado os nosos beneficios, pola razón de que os beneficios que tivemos non poden dar máis beneficios. Como é que os nosos beneficios teñen chegado a ser sen beneficio para nós, e as nosas ganancias nos teñen feito pobres? Imos ir polo tanto ós adiviños, que o interpreten para nós." E enviaron a por eles.
 
Agora ben, os adiviños eran homes que aprendidos en ditos escuros, que se xuntaban ós capitalistas por razón da auga dos capitalistas, que eles podían ter polo tanto e vivir, eles e os seus fillos. E falaron ó pobo polos capitalistas , e fixéronse embaixadores seus, vendo que os capitalistas non eran xente de boas entendedeiras, nin tampouco preparados para falar.
 
E os capitalistas pediron ós adiviños que interpretara este feito por eles, de onde saíra que a xente non mercara máis auga deles, aínda que o depósito estaba cheo. E algúns dos adiviños contestaron e dixeron, "É pola sobreprodución." E alguén dixo, "É excesiva." Pero o significado doas dúas verbas é o mesmo. E outros dixeron, "Na, é por causa das manchas solares." E aínda outros contestaro, dicindo, "Non é nin pola sobreprodución, nin polas manchas solares, polo que o diaño viu pasarse por aquí, senón pola falta de confianza."
 
 
[[Categoría:Contos]]