A parábola do depósito de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Desemprego: Tranquilidade
→‎Tranquilidade: rematado apartado
Liña 47:
 
==Tranquilidade==
 
E mentres os adiviños disputaban entre eles como acostuman facer, os homes de proveito amodorrábanse e durmían e, cando espertaron, dixéronlles aos adiviños: ''"Abonda. Faláchedes de xeito cómodo para nós. Agora saíde e falade tranquilamente coa xente, para que estean tranquilos e nos deixen tamén en paz."''
 
Pero os adiviños, mesmo os homes da ciencia escura, que foron nomeados por alguén, eran remisos a ir á xente pensando que podían ser apedreados, porque a xente non os quería. E dixéronlles aos capitalistas:
 
''"Mestres, é un misterio do noso oficio que se os homes están fartos e non teñen sede, pero están en repouso, entón poden atopar consolo no que dicimos, o mesmo ca vós. Mais, secos baleiros, non atoparán consolo nas nosas verbas, senón máis ben burlaránse de nós, porque semella que, a menos que un home estea cheo, a nosa sabedoría non lle parece senón baleira."''
 
Pero os capitalistas dixeron: ''"Saíde. ¿Non sodes os nosos homes para facernos de embaixadores?"''
 
==Inanición a causa da abundancia==
 
[[Categoría:Contos]]