A parábola do depósito de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎As Forzas: Títulos
→‎As Forzas: traducido
Liña 65:
 
==As Forzas==
 
E cando os capitalistas viron unha vez máis que nin polas palabras dos adiviños, nin dos santos homes que eran falsos sacerdotes, nin tampouco polas pingas que se chamaban caridade, o pobo estaría quieto, senón que se enfurecía máis e estaba ateigándose de xente o tanque coma se o foran collelo á forza, entón aconselláronse entre eles e enviaron homes en segredo entre a xente e a todos os que tiñan habilidade como guerreiros, separáronos e falaron astutamente con eles dicindo:
 
''" Veña, agora, por que non probades a sorte cos capitalistas? Se queredes ser os seus homes e servilos contra o pobo, para que non forcen a entrada no tanque, entón teredes abundancia de auga para que vós non perezades, vós e os vosos fillos. "''
 
E os homes poderosos e os hábiles na guerra escoitaron este discurso e sufriron antes de ser persuadidos porque a súa sede os constrinxiu e foron cos capitalistas e convertéronse nos seus homes, e puxeron as varas e as espadas nas súas mans, e convertéronse en defensa para os capitalistas, e golpearon á xente cando presinaban sobre tanque.
 
==Luxo e lixo==