A parábola do depósito de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎A súa mensaxe: parágrafo listo
Liña 88:
 
==O diaño recoñecido==
 
Deste xeito, os axitadores falaron durante moitos días á xente e ninguén lles fixo caso, pero foi así como despois dun tempo a xente escoitou. E responderon e dixéronlles aos axitadores:
 
''"Dicides a verdade. É por mor dos capitalistas e dos seus beneficios de ningún xeito podemos ter froito do noso traballo, de xeito que facemos o noso traballo en balde e canto máis traballamos para encher o tanque máis pronto se desbordará e non poderemos recibir nada porque hai demasiado, segundo as palabras dos adiviños. Pero velaquí os capitalistas son homes duros e as súas tenras grazas son crueis. Dicídenos se sabedes algunha maneira de liberarnos da nosa escravitude. Pero se non coñecedes ningunha forma certa de liberación, pedímosvos que caledes e que nos deixedes sós para esquecer a nosa miseria."''
 
E os axitadores contestaron e dixeron ''"Coñecemos unha forma."''
 
E a xente dixo: ''"Non nos enganedes, porque isto leva pasando desde o principio e ninguén atopou un xeito de liberación ata o de agora, aínda que moitos o procuraron coidadosamente e con bágoas. Pero se sabedes un xeito, fáládenos del axiña."''
 
==O remedio==