Decreto Orovio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MAGHOI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
MAGHOI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
{{enuso}}
MINISTERIO DE FOMENTO
 
'''''EXPOSICIÓN:'''''
 
''SEÑOR: Entre as varias alteracións que no réxime da ensinanza pública introduciu o decreto de 21 de outubro de 1868, figura a de declarar a absoluta liberdade de textos, xuntamente coa de eximir ao Profesor da obrigación de formar e presentar o programa da súa materia. Non entende o Goberno de V. M. que debe abandonar en absoluto o principio da liberdade de ensinanza en nome do cal ditas alteracións foron adoptadas; antes ben xulga que a concorrencia dos estudos privados pode ser útil nalgún caso á ensinanza oficial. Tampouco é o seu propósito impedir que o Profesor elixa libremente o método da súa explicación, compatible coa designación de varios textos e co deber de presentar o seu programa; pero os prexuízos que á ensinanza causou a absoluta liberdade, as queixas repetidas dos pais e dos mesmos alumnos, o deber que ten o Goberno de velar pola moral e as sas doutrinas e o sentimento da responsabilidade que sobre el pesa, xustifican e requiren a súa intervención na ensinanza oficial, para que dea os froitos que poden esixírselle. Por estas razóns cre o Goberno chegado o caso de propoñer o restablecemento das disposicións que, exceptuados os seis anos últimos, rexeron sempre en dita materia.''
Liña 15 ⟶ 14:
 
 
 
'''Real decreto de 26 de febreiro de 1875'''
 
''Tomando en consideración as razóns que me foron expostas polo meu Ministro de Fomento, convín en decretar o seguinte:''
Liña 29:
 
 
 
'''Circular do ministro de Fomento de 26 de febreiro de 1875''' (Orovio)
 
''Entre os diversos ramos confiados ao meu coidado, figura en primeiro termo o importantísimo da Instrución pública, que é e foi sempre o elemento máis eficaz para o esplendor e a grandeza dos pobos. Por iso sen dúbida o mesmo os homes de Estado que os cidadáns honrados, e sobre todo os pais de familia, veñen preocupándose constantemente deste vital asunto, e están hoxe alarmados cando, por mor dos últimos trastornos, se exasperaron e botaron por terra os principios fundamentais que serviron de base no noso país á educación e á ensinanza públicas. De pouco ou nada serve aos Gobernos procurar restablecer a orde material, base e fundamento de todo progreso, e garantir para o sucesivo a paz pública, fomentando os intereses materiais, se á vez non se ocupan da orde moral, educando e ilustrando convenientemente o pobo, dando a paz ás conciencias cando se encontran inquedas ou perturbadas, e garantindo os foros da ciencia comprometidos máis que nunca cando a paixón e o vertixe revolucionario os conduce ao erro en nome dunha liberdade ilimitada e absoluta.''
Liña 65 ⟶ 66:
''Sr. reitor da Universidade de...''
 
:* [[Ficheiro:Wikisource-logo.svg|21x21px]]   ''Este texto é unha tradución. Vexa o texto na súa lingua orixinal en: '''[https://www.boe.es/datos/pdfs/BOE//1875/058/A00531-00532.pdf]'''''
 
== Véxase tamén ==