A parábola do depósito de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Como aplicalo: editada sección
Liña 112:
 
=='O fin de todas as cousas'==
 
E os capitalistas escoitaban o ruído dos berros e o que dicía a xente, e tamén o facían os adiviños, do mesmo xeito que os falsos sacerdotes e os poderosos homes de guerra, que eran a defensa para os capitalistas; e cando escoitaban tremían forte, de xeito que os xeonllos golpeaban e dicían uns ós outros: ''"¡É o fin de nós!"''
 
Non obstante, houbo sacerdotes verdadeiros do Deus vivo que non profetizaran a favor dos capitalistas, senón que tiñan compaixón pola xente; e cando escoitaron o berro da xente e o que dicían, alegráronse cunha enorme alegría e deron grazas a Deus pola súa liberación.
 
E a xente foi e fixo todas as cousas que lles dixeran os axitadores. E sucedeu como dixeran os axitadores, mesmo seguindo todas as súas palabras. E xa non houbo sede nesa terra, nin ningén tiña fame, nin persona quedou espida, nin fría, nin con ningún xeito de necesidade; e cada home dixo ao seu compañeiro: ''"Meu irmán"'', e cada muller dixo á súa compañeira: ''"Miña irmá"'', porque así eran entre eles, como irmáns e irmás que viven xuntos na unidade. E a bendición de Deus descansou sobre esa terra para sempre.
 
Fin