Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Título V: formatando
→‎Título VI: formatando
Liña 933:
 
==Título VI==
'''Do poder xudicial'''
Artigo 117
 
1. A xustiza emana do pobo e é administrada en nome do rei por xuíces e maxistrados integrantes do poder xudicial, independentes, inamovibles, responsables e sometidos unicamente ó imperio da lei.
Liña 949 ⟶ 950:
Artigo 118
 
É obrigatorio o cumprimento das sentencias e demais resolucións firmes dos xuíces e tribunais, así como prestar tamén a colaboración por eles requirida no curso do proceso e na execución das resolucións.
Artigo 119
 
A xustiza será gratuíta cando así o dispoña a lei e, en todo caso, respecto de quen acredite insuficiencia de recursos para litigar.
Artigo 120
 
1. As actuacións xudiciais serán públicas, coas excepcións previstas nas leis de procedemento.
Liña 962 ⟶ 966:
Artigo 121
 
Os danos causados por erro xudicial, así como tamén os que sexan consecuencia do funcionamento anormal da Administración de Xustiza, darán dereito a unha indemnización a cargo do Estado, conforme a lei.
Artigo 122
 
1. A Lei orgánica do poder xudicial deteminará a constitución, funcionamento e goberno dos xulgados e tribunais, así como o estatuto xurídico dos xuíces e maxistrados de carreira, que formarán un corpo único, e do persoal ó servicio da Administración de Xustiza.
Liña 972 ⟶ 978:
Artigo 123
 
1. O Tribunal Supremo, con xurisdicción en toda España, é o órgano xurisdiccional superior en tódalas ordes, salvo o disposto en materia de garantías constitucionais.
Liña 977 ⟶ 984:
Artigo 124
 
1. O ministerio fiscal, á parte das funcións encomendadas a outros órganos, ten por finalidades promove-la acción da xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público tutelado pola lei, de oficio ou por petición dos interesados, así como velar pola independencia dos tribunais e procurar perante estes a satisfacción do interese social.
Liña 986 ⟶ 994:
Artigo 125
 
Os cidadáns poderán exerce-la acción popular e participaren na Administración de Xustiza mediante a institución do xurado, na forma e con respecto a aqueles procesos penais que a lei determine, e tamén nos tribunais consuetudinarios e tradicionais.
Artigo 126
 
A policía xudicial depende dos xuíces, dos tribunais e do ministerio fiscal nas súas funcións de pescuda do delicto e de descubrimento e aseguramento do delincuente nos termos que a lei estableza.
Artigo 127
 
1. Os xuíces e maxistrados, e mailos fiscais, mentres estean en activo, non poderán desempeñar outros cargos públicos nin pertencer a partidos políticos ou sindicatos. A lei establecerá o sistema e modalidades de asociación profesional dos xuíces, maxistrados e fiscais.
2. A lei establecerá o réxime de incompatibilidades dos membros do poder xudicial de maneira que asegure a total independencia deles.
 
==Título VII==
Economía e facenda