Constitución española de 1978: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Título VII: Formatando
→‎Título VIII: formatando
Liña 1.089:
 
==Título VIII==
'''Da organización territorial do Estado'''
===Capítulo IPrimeiro===
'''Principios xerais'''
Artigo 137
 
O Estado organízase territorialmente en municipios, en provincias e nas comunidades autónomas que se constitúan. Todas estas entidades gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos intereses.
Artigo 138
 
1. O Estado garante a realización efectiva do principio de solidariedade consagrado no artigo 2 da Constitución, mirando de establecer un equilibrio económico axeitado e xusto entre as diversas partes do territorio español, e atendendo en particular as circunstancias do feito insular.
Liña 1.103 ⟶ 1.105:
Artigo 139
 
1. Tódolos españois teñen os mesmos dereitos e obrigas en calquera parte do territorio do Estado.
2. Ningunha autoridade poderá adoptar medidas que directa ou indirectamente obstaculicen a liberdade de circulación e establecemento das persoas e a libre circulación de bens en todo o territorio español.
===Capítulo IISegundo===
'''Da Administración local'''
Artigo 140
 
A Constitución garante a autonomía dos municipios. Estes gozarán de personalidade xurídica plena. O seu goberno e administración correspóndelles ós seus respectivos concellos, integrados polos alcaldes e mailos concelleiros. Os concelleiros serán elixidos polos veciños do municipio mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, na forma establecida pola lei. Os alcaldes serán elixidos polos concelleiros ou polos veciños. A lei regulará as condicións nas que conveña o réxime de concello aberto.
Artigo 141
 
1. A provincia é unha entidade local con personalidade xurídica propia, definida pola agrupación de municipios e división territorial para o cumprimento das actividades do Estado. Calquera alteración dos límites provinciais terá que ser aprobada polas Cortes Xerais mediante lei orgánica.
Liña 1.123 ⟶ 1.128:
Artigo 142
 
As facendas locais deberán dispoñer dos medios suficientes para o desempeño das funcións que a lei lles atribúe ás corporacións respectivas e nutriranse fundamentalmente de tributos propios e de participación nos do Estado e nos das comunidades autónomas.
===Capítulo IIITerceiro===
'''Das comunidades autónomas'''
Artigo 143
 
1. No exercicio do dereito á autonomía recoñecido no artigo 2 da Constitución, as provincias limítrofes con características históricas, culturais e económicas comúns, os territorios insulares e as provincias con entidade rexional histórica poderán acceder ó seu autogoberno e constituírse en comunidades autónomas conforme o previsto neste título e nos respectivos estatutos.
Liña 1.136 ⟶ 1.143:
Artigo 144
 
As Cortes Xerais, mediante lei orgánica, poderán, por motivos de interese nacional:
Liña 1.144 ⟶ 1.152:
c) Substituí-la iniciativa das corporacións locais a que se refire o apartado 2 do artigo 143.
Artigo 145
1. Non se admitirá en caso ningún a federación de comunidades autónomas.
Liña 1.150 ⟶ 1.159:
Artigo 146
 
O proxecto de estatuto será elaborado por unha asemblea composta polos membros da deputación ou órgano interinsular das provincias afectadas e polos deputados e senadores elixidos nelas e seralle elevado ás Cortes Xerais para a súa tramitación como lei.
Artigo 147
 
1. Dentro dos termos da presente Constitución os estatutos serán a norma institucional básica de cada comunidade autónoma e o Estado recoñeceraos e ampararaos como parte integrante do seu ordenamento xurídico.
Liña 1.168 ⟶ 1.179:
Artigo 148
 
1. As comunidades autónomas poderán asumir competencias nas seguintes materias:
Liña 1.217 ⟶ 1.229:
Artigo 149
 
1. O Estado ten competencia exclusiva sobre as seguintes materias:
Liña 1.288 ⟶ 1.301:
Artigo 150
 
1. As Cortes Xerais, en materias de competencia estatal, poderán atribuírlles a todas ou a algunha das comunidades autónomas a facultade de dictaren, para si mesmas, normas lexislativas no marco dos principios, bases e directrices fixados por unha lei estatal. Á parte das competencias dos tribunais, en cada lei marco establecerase a modalidade do control das Cortes Xerais sobre estas normas lexislativas das comunidades autónomas.
Liña 1.295 ⟶ 1.309:
Artigo 151
 
1. Non será necesario deixar transcorre-lo prazo de cinco anos a que se refire o apartado 2 do artigo 148 cando a iniciativa do proceso autonómico sexa acordada dentro do prazo do artigo 143.2, ademais de polas deputacións ou os órganos interinsulares correspondentes, polas tres cuartas partes dos concellos de cada unha das provincias afectadas que representen, cando menos, a maioría do censo electoral de cada unha delas e a citada iniciativa sexa ratificada mediante referendo polo voto afirmativo da maioría absoluta dos electores de cada provincia nos termos que estableza unha lei orgánica.
Liña 1.312 ⟶ 1.327:
Artigo 152
 
1. Nos estatutos aprobados polo procedemento a que se refire o artigo anterior, a organización institucional autonómica basearase nunha asemblea lexislativa elixida por sufraxio universal conforme un sistema de representación proporcional que asegure, ademais, a representación das diversas zonas do territorio; un consello de goberno con funcións executivas e administrativas, e un presidente, elixido pola asemblea, de entre os seus membros, e nomeado polo rei, a quen lle corresponde a dirección do consello de goberno, a suprema representación da respectiva comunidade e a ordinaria do Estado naquela. O presidente e os membros do consello de goberno serán politicamente responsables ante a asemblea.
Liña 1.323 ⟶ 1.339:
Artigo 153
 
O control da actividade dos órganos das comunidades autónomas exercerao:
Liña 1.334 ⟶ 1.351:
Artigo 154
 
Un delegado nomeado polo Goberno dirixirá a Administración do Estado no territorio da comunidade autónoma e coordinaraa, cando proceda, coa Administración propia da comunidade.
Artigo 155
 
1. Se unha comunidade autónoma non cumprise as obrigas que a Constitución ou outras leis lle impoñan, ou actuase de forma que atente gravemente ó interese xeral de España, o Goberno, logo de requirimento ó presidente da comunidade autónoma e, no caso de non ser atendido, coa aprobación por maioría absoluta do Senado, poderá adopta-las medidas necesarias para obrigar a aquela ó cumprimento forzoso das citadas obrigas ou para a protección do mencionado interese xeral.
Liña 1.342 ⟶ 1.361:
Artigo 156
 
1. As comunidades autónomas gozarán de autonomía financeira para o desenvolvemento e execución das súas competencias de acordo cos principios de coordinación coa Facenda estatal e de solidariedade entre tódolos españois.
Liña 1.347 ⟶ 1.367:
Artigo 157
 
1. Os recursos das comunidades autónomas estarán constituídos por:
Liña 1.364 ⟶ 1.385:
Artigo 158
 
1. Nos orzamentos xerais do Estado poderase establecer unha asignación ás comunidades autónomas en función do volume dos servicios e actividades estatais que asumisen e da garantía dun nivel mínimo na prestación dos servicios públicos fundamentais en todo o territorio español.
2. A fin de corrixir desequilibrios económicos interterritoriais e facer efectivo o principio de solidariedade constituirase un Fondo de Compensación con destino a gastos de investimento; os recursos deste fondo serán distribuídos polas Cortes Xerais entre as comunidades autónomas e provincias, se é o caso.
 
==Título IX==
Do Tribunal Constitucional